Cortes de tráfico na avenida Xoán XXIII e na rúa de Casas Novas

O vindeiro domingo, 3 de setembro, pecharase á circulación a rúa do Hórreo á altura do número 92

Turistas cerca del aparcamiento de Xoán XXIII este verano en Santiago

Turistas cerca del aparcamiento de Xoán XXIII este verano en Santiago / Antonio Hernández

El Correo Gallego

Este venres 1 de setembro, producirase o corte da avenida de Xoán XXIII, no cruzamento coa rúa dos Castiñeiros, por mor da instalación dun guindastre móbil para unha obra de carácter particular, no horario de 8.00 h a 14.00 h, aproximadamente. Polo mesmo motivo, o vindeiro domingo, 3 de setembro, pecharase á circulación a rúa do Hórreo á altura do número 92 (Hotel Xelmírez), informa o Concello de Santiago.

O tráfico de subida será desviado pola rúa de Ramón Piñeiro. Os vehículos que procedan da rúa da República Arxentina terán que circular en sentido descendente en dirección á rotonda. Os usuarios dos garaxes da rúa de Laverde Ruíz e da rúa dos Irmáns Rey Alvite accederán dende a rúa de Ramón Piñeiro.

Por mor do corte na rúa do Hórreo, as liñas 6A e P3 desviaranse entre as 7:30 e as 20:00: *Liña 6A sentido San Marcos - Aeroporto e liña P3 sentido rúa Valle Inclán: no horario indicado desviaranse pola avda. de Lugo, rúa Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, Santiago de Guayaquil e retomarán o itinerario habitual na rúa do Hórreo nº 23, pasado o cruce con República do Salvador. Quedará suprimida a parada 276, Hórreo (Parlamento).

Ademais, durante as xornadas do sábado 2 e do domingo 3 de setembro, a rúa das Casas Novas quedará pechada ao tráfico con motivo da celebración das festas do barrio de Casas Novas. O corte producirase no tramo comprendido entre a rúa do Empedrado e a rúa de San Paio do Monte. Os vehículos poderán empregar estas dúas vías como desvío.

Transporte urbano

Con motivo da celebración das festas do barrio, o sábado e o domingo os autobuses non subirán a costa de Casas Novas, realizando as paradas máis próximas na zona de Santa Isabel. Esta alteración afectará aos servizos da liña 9 o sábado pola mañá, así como ás prolongacións da liña 4 o sábado pola tarde e domingo todo o día.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (615) Sto. Ignacio do Monte; (179 e 180) Casas Novas nº 53 e 55; (177 e 178) Casas Novas nº 10 e cruce Monte Pío; (207 e 208) Costa de Santa Isabel nº 16 e 18; (384) Ponte da Asén; e (160 e 161) Campo de Santa Isabel.