Cortes de tráfico en varias rúas de Santiago debido á rodaxe da serie "El caso Asunta"

O Concello prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar

Rodaxe da miniserie de Netflix "El caso Asunta"

Rodaxe da miniserie de Netflix "El caso Asunta" / JESÚS PRIETO

El Correo Gallego

O vindeiro martes 12 de setembro, as rúas Xeneral Pardiñas, República de El Salvador, República Arxentina e Doutor Teixeiro sufrirán restricións na circulación por mor da rodaxe da serie "El caso Asunta". O mércores 13 de setembro os cortes afectarán ás rúas Monte dos Postes, Lisboa, Berlín e Viena, no barrio das Fontiñas.

MARTES 12

- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) nas rúas Xeneral Pardiñas (no cruzamento coa República Arxentina) e en República de El Salvador (no cruzamento coa rúa Doutor Teixeiro), dende as 8:00 horas ata as 10:00 horas.

- Corte total de tráfico na rúa República Arxentina, (no cruzamento coa rúa San Pedro de Mezonzo) en na rúa Alfredo Brañas (no cruzamento coa República Salvador), dende as 10:00 horas ata 12:00 horas.

- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) na rúa Doutor Teixeiro (no cruzamento coa rúa República Salvador), dende as 12:00 horas ata as 15:00 horas.

- Cortes intermitentes de tráfico (5 a 10 minutos) na rúa do Hórreo sentido avda. Lugo, cara a rotonda de Galuresa, por mor da gravación do percorrido cun vehículo "CAMARA CAR", dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas.

MÉRCORES 13

- Corte TOTAL de tráfico na rúa Monte dos Postes, Lisboa, Rúa Berlín e rúa Viena, gravación do percorrido con vehículo "CAMARA CAR", dende as 9:15 horas ata as 11:15 horas.

- Corte TOTAL da rúa Viena dende as 11:15 horas ata as 17:00 horas.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.