Prazas de párking en Xoán XXIII durante as obras na Pastoriza

O presidente da asociación veciñal As Marías asegura que si hai interlocución con Raxoi e que se reuniu coa veciñanza a semana pasada

As obras teñen prazo de execución de tres meses

As obras teñen prazo de execución de tres meses / Jesús Prieto

ECG

“Non se obriga a ninguén a pasar por Espírito Santo” comentaba a este diario o presidente da AA.VV. As Marías, Ricardo Villaverde, ante as denuncias realizadas onte polo edil do PP Adrián Villa con respecto as obras de Pastoriza. O presidente de As Marías explica que si hai interlocución con Raxoi e destaca que se reuniu coa veciñanza a pasada semana para “informar e recibir as nosas queixas”. Unhas peticións que pasan por habilitar na rúa Xoán XXIII dous dos catro carrís para compensar as prazas de aparcamento que se perden na rúa Pastoriza, “así como un paso de peóns á altura da rúa Ultreia”.

Villaverde, que afirmou que nesa xuntanza non había ningún edil do PP, coincide con Adrián Villa na necesidade “de acurtar os prazos das obras, lembremos Rodríguez de Viguri ou Concheiros”, explica. Na reunión pediulle ao Concello que se amplíen os horarios de traballo, de 8 a 20 horas, “o que permitiría reducir o prazo de entrega da obra”. Pola súa parte, Adrián Villa insiste en que “estudar” a canalización do tráfico entre Xoán XXII e Galeras “non é igual que solucionar”.