Síguenos en redes sociales:

Gonzalo Muíños sobre a Casa da Xuventude: “Vendo o anteproxecto demóstrase que tiñamos razón"

Segundo o anteproxecto, dos 2.500 metros cadrados que conta o edificio, a maioría irá destinado a salas de usos múltiples, un gran salón para actividades e un auditorio con capacidade para 250 persoas

O proxecto contempla ademais unha diminución da cota e unha integración na contorna da praza do Matadoiro

“Queda claro que a alcaldesa prefire aferrarse ao seu galpón e enganar á veciñanza falando de oficinas cando estamos ante un equipamento público estratéxico”

Gonzalo Muíños sobre a Casa da Xuventude: “Vendo o anteproxecto demóstrase que tiñamos razón"PSOE

A Casa da Xuventude volveu este luns ao debate político logo de que se fixese público o anteproxecto co que traballa a Deputación de A Coruña para a súa rehabilitación integral. Un proxecto que, segundo o PSdeG, mellora a imaxe, crea espazos públicos, abre un acceso directo a Belvís desde o Matadoiro e baixa a altura do edificio. O seu portavoz, Gonzalo Muíños, pediu explicacións ao bipartito reafirmándose no acordo que, no pasado mandato, alcanzaron co ente provincial: “Demóstrase que nós tiñamos razón e que a rehabilitación financiada pola Deputación é a mellor solución”.

Gonzalo Muíños insistiu en que, de non seguir adiante coacordo que o executivo de Sánchez Bugallo deixou formalizado co ente provincial, o edificio quedará “outros catro anos empantanado”. Insiste en denunciar o "ocultismo do goberno" nesta materia “sen ter dado explicacións deste proxecto” e acusa a alcaldesa de seguir unha política de “ordena e mando sen diálogo coa veciñanza, que tan sequera puido ver os planos que só lle ensinou á asamblea do BNG”.

A "gravidade" de "tirar o lixo" a subvención de máis dun millón de euros

Así quedaría la antigua Casa da Xuventude tras la reforma que propone la Deputación

O edil socialista insiste na "gravidade" de que a alcaldesa “tire ao lixo” unha subvención de máis dun millón de euros, que “siga adiante co derribo dun equipamento público de 2.500 metros cadrados en pleno casco histórico” e de facelo, ademais, “en contra do que din o resto de forzas de esquerda e coa única bendición da súa asamblea sen que a señora Rozas movese un dedo para cumprir a súa palabra”.

Segundo consta no proxecto de rehabilitación da Casa da Xuventude, o edificio baixaría a súa altura, crearía unha conexión entre o Matadoiro e o parque de Belvís e conseguiría unha integración da Casa coa contorna da praza. Ademais, insiste o portavoz do PSdeG en que os usos municipais suporían o 80% do espazo, “creando salas de usos múltiples, un enorme salón para actividades e un auditorio cunha capacidade para 250 persoas”.

“Está claro que a señora Sanmartín prefire aferrarse ao seu galpón e enganar a veciñanza falando de oficinas de recadación cando do que estamos falando é dun equipamento público estratéxico” denuncia Muíños que lle afea ademais a Sanmartín que o seu proxecto “é o que deseñou o seu propio concelleiro” e critica que esta decisión se poida deber a que a alcaldesa “ten que cumprir cos seus”.

Pulsa para ver más contenido para ti