O PP denuncia que o goberno do BNG aínda non pagase as axudas ás comisións de festas

Barcia apunta que os veciños tamén lamentan o difícil que resulta tramitar as solicitudes

Procesión del barrio de Conxo en verano

Procesión del barrio de Conxo en verano / Jesús Prieto

Redacción

A concelleria do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, denunciou onte “a situación de abandono por parte do goberno nacionalista na que se atopan as comisión de festas de Compostela”. A edil popular tivo a oportunidade de escoitar de primeira man as dificultades coas que se encontran as comisións de festas compostelás, que recoñecen, indicou Barcia, “estar cansas de que o Concello non se involucre” e consideran “deficientes” as axudas. Ademais desde as comisións, insistiu a concelleira do PP, “lamentan o difícil que resulta tramitar as solicitudes para poder optar a elas”.

A popular denunciou tamén que estea rematando o 2023 e as axudas de 2022 aínda non se cobrasen, un retraso que calificou de “moi grave”. “Non podemos esquecer que os membros das comisións son voluntarios e que o único que queren é manter as tradicións e seguir construíndo barrio ou parroquia, é inconcebible que desde o concello se lles afogue dese xeito tendo que facer fronte eles mesmos ás débebas”, sinalou.

Miembros de la comisión de fiestas de Guadalupe lanzan bombas de palenque en verano

Miembros de la comisión de fiestas de Vite lanzan bombas de palenque en verano / Jesús Prieto

Con respecto á tramitación das subvencións, lembrou as declaracións do grupo do BNG nas que sinalaban que non facían falla máis axudas porque non se cubrían e salientou que “como se van cubrir se tardan un ano en cobralas e piden documentación como para construír un parque eólico?”. “O que está conseguindo así é que xa non perdan tempo en pedir algo que é case imposible de tramitar”, afirmou Nerea Barcia, antes de engadir que resulta “inexplicable este tipo de trabas e a pouca empatía por parte dos nacionalistas cara aos veciños, que o único que pretenden é que non se perdan as súas festas”.