XORNADA

Impulso a presenza feminina en sectores masculinizados

A xornada celebrouse na sede da Asociación de empresarios do Tambre

A xornada celebrouse na sede da Asociación de empresarios do Tambre

Redacción

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron onte, na sede da Asociación de empresarios do polígono industrial do Tambre, na xornada Emprego sen etiquetas. Mulleres en empregos masculinizados, organizada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan os homes. Ambas coincidiron en que aumentar o número de mulleres en eidos como o do transporte ou o das TIC é vital para acadar a igualdade e unha sociedade máis xusta e equitativa.

Primeiramente, no acto tivo lugar unha mesa redonda onde estiveron presentes unha repartidora de paquetaría, a CEO dunha empresa de loxística, unha soldadora e unha pintora de vehículos, para dar conta das súas respectivas experiencias en sectores masculinizados. Tras as súas aportacións, interviron as representantes autonómicas, poñendo en valor os seus testemuños como exemplos de mulleres que rachan cos prexuízos e cos estereotipos de xénero á hora de escoller as súas profesións.