Veciños do Castiñeiriño denuncian inundacións nas súas propiedades provocadas polas obras do AVE
A elevación da cota do terreo para poder habilitar unha explanada como depósito materiais e maquinaria está provocando que os regatos que pasan polo lugar non discorran por onde o facían ata agora e acaben encharcando as fincas
Os concelleiros populares, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, recriminan “a falta de resposta e o desinterese” que amosa o Goberno do BNG

Os veciños do Castiñeiriño denuncian que as obras do AVE están a provocar inundacións nas súas propiedades / Cedida
El Correo Gallego
Os concelleiros populares, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, visitaron as rúas de Combarro e da Vía, no barrio do Castiñeiriño, onde sinalan que puideron comprobar o estado de abandono no que se atopan os terreos onde se levaron a cabo as obras do AVE.
Os populares afirman que puideron comprobar que o asolagamento da zona provoca o deterioro prematuro e acelerado do firme; multiplica o número de fochancas; e desfai os pasos de peóns, o que supón un perigo para as persoas; ao que hai que engadir o abandono e a falta de limpeza, o que converte os camiños en verdadeiras lameiras, o que tamén dificulta o acceso ás vivendas.

Estado dun vial cheo de fochancas por mor das obras do AVE no Castiñeiriño / Cedida
Os veciños reclamaron ao Goberno do BNG que canalizara, adecuadamente, o fluxo de auga constante, co fin de evitar o asolagamento das súas propiedades pero, ata agora, só obtiveron como resposta “silencio e desinterese”.
Os concelleiros do Partido Popular lémbranlle ao Goberno nacionalista que os barrios composteláns tamén son cidade, o mesmo que as parroquias do rural, pero están completamente esquecidos, polo que lles reclaman que esixa a ADIF a reposición inmediata desta zona ao estado anterior das obras.
Tamén lémbranlle ao actual Goberno local que, “se son fans do Goberno amigo de Sánchez, tamén teñen que selo para esixirlle a ADIF que resolva a desfeita que provocou nesta zona de Santiago”.
Antecedentes
Con motivo destas tarefas, creouse un espazo para que a empresa contratista empregara como depósito e instalación de materiais e maquinaria, polo que esta zona converteuse nunha explanada, xa permanente, de servizos de ADIF e que está a provocar inundacións nas propiedades dos veciños.
A elevación da cota do terreo para poder habilitar esa área e a falta dunha eficiente canalización da auga está provocando que os regatos que pasan polo lugar e que proceden, moitos deles, da canalización de augas derivadas da avenida Santiago de Cuba, non discorran por onde o facían ata agora e acaben encharcando as fincas, polo que se crea unha lagoa, converténdoas en solos inertes para o cultivo e improdutivas, como denuncian os veciños; “agora mesmo non serven máis que como estanque para peixes”.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago
