O PSOE denuncia o “caos absoluto” nas Urxencias doHospital Clínico

Una de las salas de espera del Hospital Clínico de Santiago

Una de las salas de espera del Hospital Clínico de Santiago / Antonio Hernández

Redacción

O Partido Socialista de Santiago criticou este xoves o “caos absoluto” no Hospital Clínico, logo das continuas denuncias da Asociación de Pacientes do CHUS. “Con listas de agarda na Atención Primaria, urxencias saturadas e incluso desperfectos en habitacións e baños con goteiras que fixeron que tiveran que desprazar a algúns pacientes de hospital”, esta é, segundo os socialistas, unha “radiografía do que é a sanidade proposta polo Partido Popular”. O seu secretario xeral en Compostela amosouse especialmente crítico coa actitude da administración autonómica, sinalando “á Xunta de Alfonso Rueda por inacción” e “por non poñer enriba da mesa solucións a este problema que atenta contra un dereito básico”.

Fronte a esta “actitude”, Aitor Bouza explicou a proposta do PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro, que pasa, dixo, por “garantir unha cita en Atención Primaria no prazo de 48 horas e non ter que agardar 15 días como se fai a día de hoxe”. Segundo Bouza, son estas listas de agarda na primaria as que provocan a saturación das urxencias. Neste sentido, indicou que a Atención Primaria ten mil profesionais menos que hai 15 anos, ao remate do goberno de Touriño, e que ademais o investimento público recortouse en máis de 130 millóns de euros.