NOVA ETAPA

O arcebispo preside a primeira reunión executiva de Cáritas Diocesana

Monseñor Prieto agradeceu o traballo dos axentes da entidade

O arzobispo de Santiago, monseñor Prieto, presidiu a primeira reunión anual de Cáritas que dirixe Pilar Farjas

O arzobispo de Santiago, monseñor Prieto, presidiu a primeira reunión anual de Cáritas que dirixe Pilar Farjas / Cáritas

ECG

O Consello de Cáritas Diocesana coñeceu as liñas estratéxicas de actuación, así como a composición do novo equipo directivo cos responsables dos distintos departamentos. A sesión de traballo, primeira anual e con carácter extraordinario, foi presidida por monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago, quen agradeceu o traballo dos axentes da entidade, así como o labor do equipo saínte durante máis dunha década, encabezado por Jesús García Vázquez e José Anuncio Mouriño, e a animou ao novo equipo a seguir axudando aos que máis o precisan.

Un equipo integrado, ademais de por Pilar Farjas como directora, por Josefina Monteagudo Romeu (secretaria xeral), María Eugenia Lado Lema (recursos humanos), Ángel Dorrego Leal (recursos económicos), María Enriqueta Rivas Lombardero (economía social e formación sociolaboral), Íñigo Arranz Roia (programas de atención social), Javier García Sánchez (comunicación), Antonio González Cid (orientación xurídica) e María Fe Rodríguez (persoas privadas de liberdade).