Lavado de cara na contorna do Vero Boquete: o Concello retira 70 toneladas de desperdicios

Retiraron, en colaboración con empresas concesionarias de servizos, setenta toneladas de terra e outros materiais na zona do aparcadoiro 

Executaranse outras intervencións como reposición de muros, reparación de barandas e de beirarrúas

A reparación das varandas será unha das seguintes actuacións

A reparación das varandas será unha das seguintes actuacións / Cedida

A contorna do estadio Vero Boquete, en San Lázaro, ven de experimentar un pequeno lavado de cara ao retirarse do lugar setenta toneladas de terra e materiais na zona do aparcadoiro. As tarefas de limpeza e acondicionamento leváronse a cabo recentecemente por diferentes departamentos municipais, xunto con empresas concesionarias de servizos.

En palabras do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, realizouse unha intervención de limpeza de superficie, de redes de saneamento, de roza de vexetación, adecuación do pavimento, retirada de grava e de substitución de papeleiras de 50 litros nos socalcos do estadio.

Na zona dos aparcadoiros enchéronse 14 camións con materiais acumulados, cun peso de 70 toneladas, e por parte de Viaqua revisáronse e desatascáronse a reixas de recollida de pluviais con medios mecánicos e auga a presión. Ademais, na zona do estadio desde Vías e Obras procedeuse ao asfaltado das zonas en peor estado e elaborouse un estudo de necesidades para futuras actuacións.

Dous operarios traballando na contorna do estadio Vero Boquete

Dous operarios traballando na contorna do estadio Vero Boquete / Cedida

Outras tarefas previstas son a retirada de chopos que teñen comprometidos os muros de contención, a reposición de muros, a reparación e reposición das varandas metálicas e o seu posterior pintado, xunto coa renaturalización da beirarrúa levantada polo crecemento das árbores para deixar un pavimento permeable.

Domínguez destacou “a boa coordinación desta intervención, organizada de xeito transversal entre distintos servizos municipais” e agradeceu o persoal que participou “para conseguir esta limpeza na contorna do estadio de San Lázaro, un espazo moi concorrido que agora está en mellores condicións para a veciñanza”.