A avogacía de Santiago recoñece a traxectoria de Enrique León Calviño e o traballo de Feafes
Máis de 300 persoas déronse cita no pazo de Fonseca para a conmemoración de San Raimundo, patrón da profesión
O ex comisario da Policía lembrou “os maravillosos anos que pasei en Santiago, unha etapa inesquecible”
A entidade entregou a súa insignia de ouro a colexiados con 40 anos exercendo e diplomas aos que levan 25
O Colexio da Avogacía de Santiago recoñeceu onte a traxectoria do ex comisario da Policía Nacional, Enrique León Calviño, con motivo da conmemoración do día de San Raimundo de Peñafort, patrón da profesión. Nun acto celebrado no pazo de Fonseca, ao que asistiron más de 300 persoas, o colexio tamén homenaxeou o traballo Feafes-Santiago, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental.
No evento León Calviño recibiu a Medalla de Ouro do colexio pola súa traxectoria profesional “e a súa constante colaboración coa avogacía e co conxunto da xustiza durante moitos anos”. Tras recoller a medalla, o ex comisario lembrou “os maravillosos anos que pasei en Santiago, unha etapa inesquecible aínda que xa pasaron 18 anos desde que marchei da Comisaría de Compostela, cun gran ambiente de colaboración entre a Policía, a avogacía e toda a xustiza en xeral”.
Medalla de Ouro da Avogacía compostelá para o excomisario da Policía Nacional Enrique León
Pola súa banda, o decano do Colexio da Avogacía, Francisco Rabuñal, destacou que “con Enrique León Calviño iníciase unha das etapas máis frutíferas nas relacións deste colexio coa Comisaría Nacional de Policía desta cidade; xurista de formación, desde un primeiro momento convértese en garante dos dereitos das persoas detidas, facilitando en todo momento o traballo dos avogados que os asisten, mellorando, por exemplo, as condicións das entrevistas entre os detidos e os seus avogados ou facilitándolles a estes desde unha simple praza de aparcadoiro, ao acceso ás dilixencias policiais”.
Recoñecemento a Feafes
No acto tamén se entregou o XIV Premio de Dereitos Humanos a Feafes-Santiago polo seu traballo “para normalizar e mellorar a atención aos pacientes con doenzas mentais”. Recolleu o premio José Ramón Girón García, presidente de Feafes Galicia. “Institucións como Feafes contribúen a desenvolver uns valores que nos benefician a todos e a todas, polo que a súa presenza e participación social resultan imprescindibles para a construción dunha sociedade máis humana e solidaria”, sinalou o secretario técnico do Colexio da Avogacía, Manuel Martín.
Feafes pide atender la enfermedad mental como un problema que es de salud pública
“Cremos, pois, que é merecido este recoñecemento ao importante labor que veñen desempeñando, pola axuda que prestan ás persoas afectadas por problemas mentais, así como polo seu apoio ás familias e aos profesionais implicados”, engadiu Martín.
Ao acto asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde; o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, entre outras autoridades.
A Avogacía de Santiago premia o xuíz Alvariño e o traballo pola inclusión de Cogami
Homenaxe a colexiados
Recibiron tamén a insignia de ouro os colexiados Ángel María García Fernández e Otilia Sánchez Garrido, que cumpren 40 anos de exercicio profesional. Ademais, produciuse a entrega de diplomas aos colexiados que cumpren 25 anos: Antonia Barreiro Mesa; José María Barreiro Riveiro; Eva María Castaño Roo; Manuel Rolando César Guldrís; Alejandro Franco Martínez; María José Freire-Garabal Núñez; Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy; Natalia Landín Díez; Rosa María Martínez Ferreiro; María Luísa Pasín Mato; Carmen María Romero Silva; José María Sánchez Lucas, e Leonilda Villar Fernández.
A xura ou promesa de novos letrados puxo fin ao acto, tras o que se celebrou unha cea-baile no hotel Oca Puerta del Camino. “Desde o colexio, sempre defendemos o labor da avogacía en beneficio da sociedade, con servizos como a xustiza gratuíta, por iso a xornada de hoxe é tan especial, polas persoas e entidades que homenaxeamos”, engadiu Francisco Rabuñal.
Temas
Más en Santiago
-
Trabajadores del aeropuerto de Santiago negociarán el martes con Iberia tras el fin de la huelga
-
La capital gallega concentrará los seminarios: Santiago, Mondoñedo y Tui se unen para crear uno único con sede en Compostela
-
Directo | Queremos Galego marcha en Santiago para reivindicar o uso do idioma
-
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas conmemora o vindeiro martes o aniversario da Nakba Palestina