Corte de tráfico en Santa Marta por obras na rúa Luíz Vázquez de Parga
Por mor das obras pecharase ao tráfico dende o martes 9 ao venres 12 de abril
Continúan pechadas ao tránsito as rúas dos Lagartos, Algalia de Arriba e das Pedreiras, na Silvouta
As obras de canalización do servizo eléctrico obrigan a cortar o tráfico na rúa Luis Vázquez de Parga, no tramo de cruzamento coas rúas Sempre en Galiza e Valentín Varela Iglesias. O corte producirase entre o martes 9 de abril e o venres12, polo que a veciñanza de Santa Marta que precise circular por alí deberá facelo a través das rúas Sempre en Galiza e Valentín Varela Iglesias.
Nuevo corte de tráfico en Santiago: la calle afectada estará cortada toda la mañana de este sábado
Dende a mañá deste luns e até o vindeiro venres 12 de abril, vai permanecer pechada ao tráfico a rúa dos Lagartos, no barrio de San Pedro. A zona afectada será a do cruzamento entre Os Lagartos e a rúa das Chufas, o motivo é a realización de obras nun tramo da canalización do gas. Polo tanto, durante a semana a entrada e saída da rúa dos Lagartos deberá facerse pola Trisca, e o acceso ás rúas das Chufas e Campo do Forno deberá realizarse pola rúa de San Pedro.
Ademais desta restricción, que só afectará esta semana, outras dúas rúas seguen pechadas ao tráfico no concello dende o pasado día 2 de abril. Unha delas está na améndoa, na Algalia de Arriba, onde se están a realizar labores de mantemento do pavimento. Nesta rúa permítese o acceso peonil e a duración da reparación estímase en 6 semanas, polo que non se reabrirá ao tráfico até a segunda semana do mes de maio.
Mantense tamén durante todo o ano o corte na zona da Silvouta polas obras da nova estación depuradora. Está pechada a rúa das Pedreiras, a zona máis próxima aos traballos, polo que a comunicación entre os lugares da Silvouta e Laraño debe facerse a través da AC-543.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”