Un total de 54 proxectos de estudantes de once institutos participan no premio Stephen Hawking
De Compostela, o IES Rosalía de Castro, encargado do certame, envía 20 traballos e o IES Arcebispo Xelmírez, seis
O venres 19 de abril presentaranse as propostas ante o tribunal e entregarase ese día o galardón

Acto de entrega da V edición do Premio Stephen Hawking / Jesús Prieto

A sexta edición do premio Stephen Hawking do IES Plurilingüe Rosalía de Castro acolle un total de 54 proxectos asinados por estudantes procedentes de once institutos. Ao certame, que está aberto a centros galegos de ensino galego e tamén centros estatais implicados no programa de Bacharelato Internacional, concorre este ano alumnado de institutos de sete concellos galegos (Santiago, A Coruña, Lugo, Nigrán, Ourense, Brión e Trives) e dous de fóra de Galicia (Madrid e Soria).
Do total de proxectos, 20 proceden do propio IES Rosalía de Castro e seis do IES Arcebispo Xelmírez. A maiores, o IES Eusebio da Garda (A Coruña) remite outros 10 e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), catro. Do IES Castilla, de Soria, compiten 3, mentres que con 2 fano o IES Ramiro de Maetzu (Madrid) e o IES Blanco Amor (Ourense). Cun traballo compiten o IES de Brión, o IES Lucus Augusti (Lugo) e o IES Xermán Ancochea Quevedo (Trives). No seu conxunto, os traballos –que se podían presentar de forma individual ou en grupo– están asinados por preto de oitenta alumnos.
Este ano, as bases contemplaron que os traballos presentados xirasen ao redor de dous grandes eixos temáticos: a figura e a contribución ao eido da intelixencia artificial de Amparo Alonso Betanzos, científica que preside neste 2024 o xurado e as ideas básicas que suxire o lema do premio ‘Intelixencias’.
Dentro destes parámetros, concorren proxectos vencellados aos campos da Bioloxía e da Xeoloxía, da Física e a Química, das Matemáticas, do ámbito tecnolóxico, das Ciencias Sociais e mesmo traballos de índole artística. Nas bases do premio recomendábase que os proxectos estivesen adaptados en estrutura e en contido aos parámetros dun traballo de investigación que puidese culminar nun artigo susceptible de ser publicado en revistas científicas.
Entrega do galardón o venres19 de abril
O venres 19 de abril celebrarase no IES Rosalía de Castro a xornada de exposición pública e entrega. A actividade comezará ás 9.00 horas coa recepción do alumnado asinante dos 55 traballos participantes que, ao longo da mañá, presentará as súas propostas diante do tribunal, presidido por Amparo Alonso Betanzos e conformado por doce persoas procedentes das esferas académicas da Física, da Química, das Matemáticas, da Bioloxía, da Veterinaria e da Xeoarqueoloxía. Pola tarde, ás 19.00 horas, farase público o fallo do tribunal e entregarase o galardón nun acto aberto que se celebrará no auditorio do instituto.
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
