Boqueixón fomenta a natalidade con axudas para mercar alí e Vedra estende o saneamento
Despois de obrar nos sumidoiros vedreses de Bazar, agora acometen os de Fontao
As familias de bebés boqueixaneses terán ata 400 euros de axuda para crialos
O Concello de Vedra segue a acometer as obras de saneamento no seu termo municipal, a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Así, e se por unha banda remataban en febreiro as intervencións nos sumidoiros para o lugar de Bazar (Trobe) cun presuposto de 137.061 €, agora veñen de comezar as melloras no lugar da parroquia vedresa de Fontao, cun orzamento de 121.999 € , unha actuación que deberá estar rematada antes do verán.
E, pola súa banda, o Concello de Boqueixón convocou as axudas destinadas ao fomento da natalidade no municipio durante 2024, de ata 400 € por cada crianza nada, adoptada ou acollida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Gasto no municipio
O gasto subvencionado deberá ser realizado en empresas radicadas no municipio, e o prazo de solicitude para crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo abriuse o pasado 27 de marzo e pecharase o vindeiro 10 de abril. A subvención ampliarase a 500 euros no caso de acreditar unha discapacidade do 33 por cento.
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Padrón celebra o seu San Xoán de Raio coa comida de confraternidade
- Ames reconfigura as subvencións, despide a Santomil e axudará tamén a inscribir galiñeiros
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- El talento y la innovación en la FP
- El mirador a casi 700 metros de altura de Rianxo desde el que se pueden ver las torres de la Catedral
- Carteros de Lalín protestan en Santiago por la posible supresión de cuatro plazas