Tres filmes abrirán o Festival Otremo do 17 ó 19 de marzo no Hotel Balneario Compostela

Presentación da primeira edición do Festival Otremo

Presentación da primeira edición do Festival Otremo / Concello de Brión

O Hotel Balneario Compostela acolle do 17 ao 19 de marzo a primeira edición do Festival Otremo, foro de cine galego organizado polo Concello de Brión e Aldea Producións.

Live is life, la gran aventura é o título que abrirá o certame o venres 17 de marzo, ás 20.00 horas. Filmado na Ribeira Sacra, dous dos seus protagonistas estarán presentes in situ: Javier Casellas e David Rodríguez. O filme poderase ver tamén ao día seguinte, pero ás 17.00 horas.

Xa o sábado 18, ás 20.00 horas, terá lugar a presentación da película Código Emperador, un thriller protagonizado por Luís Tosar. O seu director, Jorge Coira, estará presente esa tarde no Festival Otremo. Aquelas persoas que non puideran ver o filme terán unha segunda ocasión ás 12.00 horas do domingo día 19 de setembro. Finalmente, o domingo 19 de marzo, a partir das 16.30 horas, terá lugar a proxección de Valentina, un filme familiar gañador do Goya á mellor película de animación do ano 2021. A súa directora, Chelo Loureiro, estará tamén presente en Brión para falar da súa exitosa película, que volverá repetirse ese mesmo domingo ás 19.00 horas.