Regina Grela, a avoa de Valga, recibe a felicitación do alcalde polo seu 103 aniversario

As concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro tamén participaron na visita á veciña do Coto, nada en 1920

Agasallárona cun ramo de flores e unha torta na que apagou as candeas

O alcalde de Valga visitou e entregoulle un ramo de flores a Regina Grela, que cumpre 103 anos

O alcalde de Valga visitou e entregoulle un ramo de flores a Regina Grela, que cumpre 103 anos / C. de Valga

ECG

Regina Grela Fernández, a avoa de Valga, estivo este xoves de celebración de aniversario. Cumpriu nada menos que 103 anos e o alcalde, José Maria Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio do lugar de O Coto, na parroquia de Campaña, acompañado pola segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a agasallaron cun ramo de flores e unha torta na que a centenaria soprou as candeas co número 103.

Nada no 1920, Regina está recuperarse dun pequeno achaque de saúde e recibiu aos representantes municipais coa súa característica ledicia e curiosidade, preguntándolle a Bello Maneiro pola súa idade ou interesándose pola vestimenta dos visitantes. Porque, aínda que na súa mocidade non era nada presumida, cos anos foi adquirindo coquetería e gústalle arranxar o cabelo e vestir roupa alegre e colorida.

A centenaria, que exerce como polo de unión de toda a súa familia, ten unha filla, catro netos e unha media ducia de bisnetos, que nestes días celebraron con entusiasmo o seu aniversario.