Despiden os concilias e campamentos que uniron coñecemento co lecer neste verán

Amabul divulgou a natureza dende Vedra

En Santa Comba recompilaron lembranzas dos maiores

Rapazada de Negreira asistiu á demostración da man do GES de Brión

Rapazada do concilia Respira de Negreira cos bombeiros do GES de Brión

Rapazada do concilia Respira de Negreira cos bombeiros do GES de Brión / concello de negreira

Nas portas do curso lectivo 2023-2024 petando xa na porta –so na provincia da Coruña afectará a 40.077 alumnos de Área–, os municipios da comarca despiden estes días os campamentos de conciliación, pero tamén os de voluntariado e iniciativas lúdicas que incluiron actividades divulgativas tan interesantes como visitas a museos, demostracións dos bombeiros ou entrevistas cos veciños do rural.

Este último foi o caso dos 14 participantes do Campo de Voluntariado A Braña da Serra de Santa Comba, que está a piques de rematar. Segundo a organización, cargo do Concello, “a interacción de voluntarios coa poboación local e a inmersión na língua e cultura xalleiras é un dos puntos salientables do que vai de campo”, que tamén tivo actividades puramente formativas (na práctica e no coñecemento do territorio) e unha moi boa acollida entre a poboación da capital xalleira.

Festa de clausura dos campamentos celebrados en Valga / concello

Festa de clausura dos campamentos celebrados en Valga / concello

Así, nestes días coñeceron de primeira man un dos históricos pazos de Santa Comba, reconvertido agora nunha casa de turismo rural, o Pazo de Cícere, e achegáronse ao sector gandeiro de Santa Comba a través da única explotación con certificación de producción ecolóxica, a que rexenta Santiago Pose. “Desde o Concello queremos agradecer a disponibilidade e inmensa amabilidade de Bea e Santi para abrirnos as súas portas”, segundo engadían os propios responsables municipais.

Porque a recollida da sabiduría popular do rural de Santa Comba é outro dos obxectivos do proxecto do Campo de Voluntariado da Braña da Serra. Durante varias xornadas, os voluntarios están a traballar na recompilacións de historias e lendas da comarca, que aporten de contido aos paneis informativos e interpretativos que os futuros visitantes se poderán atopar na Ruta da Braña da Serra, ruta ambiental e patrimonial na que traballan no campo.

Gincana lingüística da Mancomunidade ordense / M.D.O.

Gincana lingüística da Mancomunidade ordense / M.D.O

Cabe resaltar a colaboración de xente cunha memoria e coñecemento máis que privilexiado da contorna de Boaña, como é o caso de Eliseo Mourelle e de Benigno Teixeiro Recarey, que tiveron a aportunidade de ilustrar de sabiduría xalleira a actividade do proxecto.

Ademais, os veciños de Boaña organizaron na emblemática contorna das Medoñas do Rego (ao pé do Castro de Boaña) unha foliada aberta a toda a veciñanza e público e na que participou o grupo de Voluntarios do proxecto do Campo da Braña da Serra. “A xornada foi entrañable, divertida, moi participativa e os nosos visitantes quedaron entusiasmados co cariño e amabilidade dos veciños da parroquia de Castriz”, e en especial da aldea antes citada, indican.

No que atinxe á rapazada da Baña, os participantes no seu campamento xuvenil en Porto do Son puideron coñecer o Museo das Mareas, un centro “que está dedicado a recoller, investigar e transmitir a memoria das xentes do mar”. Tamén a rapazada de Negreira, co seu Campamento Respira, asistiu á demostración de medios que lles ofreceron dende Emerxencias Brión, o GES, mentras que os nenos da Mancomunidade de Ordes tomaron parte nas xincanas lingüísticas, “onde os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de aprender con actividades educativas do máis divertidas”. subliñaban

Integrantes do Campo de Voluntariado A Braña da Serra de Santa Comba conversan con Mourelle / concello

Integrantes do Campo de Voluntariado A Braña da Serra de Santa Comba conversan con Mourelle / concello

En Valga, xa en Pontevedra, clausuraron as actividades de conciliación que se desenvolveron durante os meses de verán cunha xornada festiva na área fluvial de Vilarello na que se deron cita tanto os nenos que participaron na Escola de Verán coma os mozos do Campus Deportivo. Durante a xornada sucedéronse as actividades de lecer, algunhas coa colaboración do Club Acuático Umia, de Caldas de Reis, con exhibicións e demostracións e tamén coa realización de xogos para os cativos. E tamén houbo tempo para unha xincana con probas deportivas e para unha sesión de baile e karaoke.

E, por suposto, están a Escola Ambiental de Amabul que, dende Vedra oferta cada ano unha temática distinta para aprender do medio natural. Nas últimas saídas os cativos puideron coñecer unha explotación de arandos e setas de Teo cunha entidade que sempre se distinguiu pola promoción e defensa da natureza.