O Voluntariado Informático ensina a automatizar fogares dende Milladoiro

Instalacións do antigo centro de saúde do milladoiro onde se celebrará o curso

Instalacións do antigo centro de saúde do milladoiro onde se celebrará o curso / ecg

A Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e o Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames organizan este sábado o obradoiro Automatización da túa casa, controla o teu fogar no antigo centro de saúde do Milladoiro, ás 11 e en colaboración co Concello amesán.

Actualmente, a automatización do fogar é posible grazas aos avances tecnolóxicos como a domótica doméstica, "que pretende facerche a vida máis fácil, mellorando a túa seguridade e o teu confort. Pero, sabes que elementos pódense automatizar no fogar? Como funciona a automatización do fogar e cales son as súas principais vantaxes? Contámoscho todo neste taller!”, aportan desde la organización. Cómpre lembrar que a Oficina de Software Libre centra as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Para conseguilo, impártense cursos de formación e realízanse actividades de alfabetización dixital para as persoas que o necesiten; ofrece axuda para resolver dúbidas tecnolóxicas e tamén como punto de encontro.

As actividades do presente curso comezaron o pasado 16 de setembro co obradoiro Aforra na túa factura da luz, e no pasado abordaron a reciclaxe, e tamén a seguridade dixital básica. 

Os interesados en sumarse poden formalizar a anotación a através do enlace que aparece na web amesá (https://mobilizon.fr/events/00888a30-efb4-4538-b3f0-566c5895b0a4).