A Bandeira Verde xa ondea na Praza do Concello da Laracha

José López, esda., Patricia Bello, Gonzalo Trenor, e Pablo Cambón /c.L.

José López, esda., Patricia Bello, Gonzalo Trenor, e Pablo Cambón /c.L. / J. M. r.

O alcalde, José Manuel López, e o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, izaron a Bandeira Verde de Galicia na Praza do Concello como símbolo do recoñecemento polo labor municipal a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente.

Entra as accións levadas a cabo polo Concello e que posibilitaron a concesión deste distintivo cabe salientar as humanizacións e melloras da accesibilidade en rúas dos núcleos urbanos, a construción da senda peonil ao longo da estrada AC-552, o acondicionamento do entorno do IES Agra de Leborís coa creación dunha nova área axardinada xunto aos espazos deportivos, accións de eficiencia Enerxética, a xestión dos residuos sólidos urbanos, o programa de compostaxe doméstica e o proxecto de ampliación do punto limpo, entre outras iniciativas.

A Bandeira Verde, creada no 2020 e outorgada por segundo ano consecutivo á Laracha, pretende ser un distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía, turistas e visitantes para fortalecer a imaxe dos municipios.