O trobador nicrariense Afonso Eanes entra pola porta grande no 'Álbum de Galicia'
O historiador Amancio Liñares fixo o texto para o Consello da Cultura
Desenvolveu a súa lírica a principios do século XIII, e vincúlase ao Pazo do Cotón

O trobador Afonso Eanes do Cotón, vinculado a Barcala e ao Pazo do Cotón / Cedida
O poeta e músico Afonso Eanes do Cotón vén de entrar no Álbum de Galicia este mércores, 15 de novembro, cun texto escrito polo historiador nicrariense Amancio Liñares. Eanes foi trobador, xograr, segrel e pode que escudeiro, vivindo dende finais do século XII ata 1250.
Na entrada do Consello da Cultura explícase que a súa existencia segue envolta nas néboas propias da Idade Media, diante da falta de documentación suficiente. O seu vínculo coas terras barcalesas é salientado por diversos autores, sobre todo por situarse na vila de Negreira o Pazo do Cotón, un edificio barroco con orixes medievais e que podería considerarse o seu espazo mítico.
Con respecto á súa produción literaria, aparece divulgada en obras varias, un feito que, segundo explica o autor da súa biografía no Álbum de Galicia, era “habitual coas composicións dos trobadores da Idade Media que cultivaron a lírica galego-portuguesa”. Constan vinte e catro das súas cantigas no Cancioneiro Portugués da Vaticana e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Vecinos y oposición detectan fallos al humanizar Milladoiro y exigen multas por estacionar mal
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: crónica del paro desde puntos clave de Santiago
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?
