Síguenos en redes sociales:

Manifestos, podcasts, murais e documentais para poñer en valor o labor das mulleres

Ames loita contra a regresión de dereitos conquistados

Boiro homenaxea a xogadoras de balonmán e a Lupe Tobío

Vimianzo dálle voz a oito das súas veciñas

Manifestos, podcasts, murais e documentais para poñer en valor o labor das mulleresConcello de Ames

ODía Internacional da Muller mobilizou a contorna de Compostela a través de múltiples iniciativas para poñer en valor o labor do colectivo feminino e seguir avanzando cara a igualdade xénero

EnAmes, o manifesto institucional puxo o foco na fenda salarial e o desemprego, “que segue sendo unha cuestión de xénero”. Toda a Corporación comprometeuse ademais a “unir forzas e loitar contra todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados”. 

En Oroso, a conselleira de Política Social, Fabiola García, sumouse á lectura dun manifesto pola igualdade, e enFradesproxectaron o documental Chicas nuevas 24 horas, dirixido por Mabel Lozano sobre o negocio da explotación sexual en Latinoamérica e España. Ademais, pode verse verse a exposición no centro sociocomunitario da Ponte Carreira ata o 15 de marzo. O Concello repartiu tamén diversos materias informativos entre os escolares. En Vedra leron o manifesto da Fegamp, e houbo unha homenaxe ás avoas locais.

En Lousame, 123 nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro, de 6 a 12 anos, compartiron no mural As mulleres que nos constrúen fotos de mulleres das súas familias e cartas nas que poñen en valor o seu labor.

Homenaxe ás xogadoras de balonmán dos anos 60, 70 e 80 e a Lupe Tubío

En Boiro, usuarias da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicosrealizaron un mural en torno á sororidade, traballaron sobre os estereotipos e a violencia de xénero apoiándose no video-libro A princesa que non quería comer perdices, navegaron pola Galería de mulleres extraordinarias descubrindo a aquelas que fixeron historia e elaboraron con distintos materiais e técnicas retratos de mulleres ilustres.

Acto de homenaxe ás avoas de Vedra durante este 8M no consistorio local

Pola súa banda, o Concello boirense homenaxeou ás mulleres xogadoras de balonmán dos anos 60, 70 e 80 e a Lupe Tubío, de Cáritas, a proposta de Unión de Muchachas, pola súa contribución á sociedade boirense. O acto contou tamén coa representación da peza de danza A serea mariña, a cargo do grupo de artes escénicas da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar. A peza pon en valor a importancia da muller na cultura galega e reivindica a implicación das féminas con diversidade en todos os ámbitos da vida cotiá:tamén no teatro ou as artes. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, no centro, coas outras portagonistas de '8 Miradas'

Pola súa banda,Vimianzorendeu homenaxe ás súas mulleres co podcast 8 Miradas, que lle da voz a 8 veciñas: Bintou Coly, Carmen Limideiro, Natalia Lema, Carmen Lorenzo, Teresa Ferreira, Manuela Cone, Sabine Pfeiffer e á propia alcaldesa, Mónica Rodríguez. O mesmo fixeron en Malpica, onde con outro podcast dan a coñecer a historia da matriarca Manuela Sánchez, coñecida como Manuela da Mariñana (Buño, 1935).

Tamén empresas como Xeal poñen en valor o traballo das mulleres que forman parte do seu equipo, ao tempo que reafirman o compromiso da compañía para atraer e reter o talento feminino e fomentar as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).

Pulsa para ver más contenido para ti