Manifestos, podcasts, murais e documentais para poñer en valor o labor das mulleres

Ames loita contra a regresión de dereitos conquistados

Boiro homenaxea a xogadoras de balonmán e a Lupe Tobío

Vimianzo dálle voz a oito das súas veciñas

O alcalde, concelleiras e concelleiros no acto institucional celebrado en Ames

O alcalde, concelleiras e concelleiros no acto institucional celebrado en Ames / Concello de Ames

J. M. Ramos / Suso Souto / M. Manteiga

O Día Internacional da Muller mobilizou a contorna de Compostela a través de múltiples iniciativas para poñer en valor o labor do colectivo feminino e seguir avanzando cara a igualdade xénero

En Ames, o manifesto institucional puxo o foco na fenda salarial e o desemprego, “que segue sendo unha cuestión de xénero”. Toda a Corporación comprometeuse ademais a “unir forzas e loitar contra todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados”. 

En Oroso, a conselleira de Política Social, Fabiola García, sumouse á lectura dun manifesto pola igualdade, e en Fradesproxectaron o documental Chicas nuevas 24 horas, dirixido por Mabel Lozano sobre o negocio da explotación sexual en Latinoamérica e España. Ademais, pode verse verse a exposición no centro sociocomunitario da Ponte Carreira ata o 15 de marzo. O Concello repartiu tamén diversos materias informativos entre os escolares. En Vedra leron o manifesto da Fegamp, e houbo unha homenaxe ás avoas locais.

En Lousame, 123 nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro, de 6 a 12 anos, compartiron no mural As mulleres que nos constrúen fotos de mulleres das súas familias e cartas nas que poñen en valor o seu labor.

Homenaxe ás xogadoras de balonmán dos anos 60, 70 e 80 e a Lupita Pérez

Homenaxe ás xogadoras de balonmán dos anos 60, 70 e 80 e a Lupe Tubío / Concello de Boiro

En Boiro, usuarias da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos realizaron un mural en torno á sororidade, traballaron sobre os estereotipos e a violencia de xénero apoiándose no video-libro A princesa que non quería comer perdices, navegaron pola Galería de mulleres extraordinarias descubrindo a aquelas que fixeron historia e elaboraron con distintos materiais e técnicas retratos de mulleres ilustres.

Acto de homenaxe ás avoas de Vedra durante este 8M no consistorio local

Acto de homenaxe ás avoas de Vedra durante este 8M no consistorio local / Concello

Pola súa banda, o Concello boirense homenaxeou ás mulleres xogadoras de balonmán dos anos 60, 70 e 80 e a Lupe Tubío, de Cáritas, a proposta de Unión de Muchachas, pola súa contribución á sociedade boirense. O acto contou tamén coa representación da peza de danza A serea mariña, a cargo do grupo de artes escénicas da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar. A peza pon en valor a importancia da muller na cultura galega e reivindica a implicación das féminas con diversidade en todos os ámbitos da vida cotiá:tamén no teatro ou as artes. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, no centro, coas outras portagonistas de '8 Miradas'

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, no centro, coas outras portagonistas de '8 Miradas' / C. Vimianzo

Pola súa banda, Vimianzorendeu homenaxe ás súas mulleres co podcast 8 Miradas, que lle da voz a 8 veciñas: Bintou Coly, Carmen Limideiro, Natalia Lema, Carmen Lorenzo, Teresa Ferreira, Manuela Cone, Sabine Pfeiffer e á propia alcaldesa, Mónica Rodríguez. O mesmo fixeron en Malpica, onde con outro podcast dan a coñecer a historia da matriarca Manuela Sánchez, coñecida como Manuela da Mariñana (Buño, 1935).

Tamén empresas como Xeal poñen en valor o traballo das mulleres que forman parte do seu equipo, ao tempo que reafirman o compromiso da compañía para atraer e reter o talento feminino e fomentar as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).