Garantida a dinamización cultural do castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín

A Deputación da Coruña aportará 120.000 euros para a xestión integral

Manterase o actual modelo de promoción do patrimonio cultural

Xosé Lois Penas, Valentín González e Mónica García, na Deputación da Coruña

Xosé Lois Penas, Valentín González e Mónica García, na Deputación da Coruña / Deputación

J. M. Ramos

A Deputación da Coruña asinou un convenio co Concello de Vimianzo para a xestión integral do castelo e dos Batáns do Mosquetín en 2024. Cun investimento de 120.000 € (102.000 para o castelo e 18.000 para os Batáns), o acordo inclúe a atención de visitantes, a mostra de artesanía en vivo e outras actividades de dinamización e divulgación. O presidente, Valentín González, e o deputado de Patrimonio, Xosé L. Penas, asinaron o acordo coa alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Ambas entidades continúan, así, implantando un modelo de xestión do patrimonio cultural que se basea na interactuación, por parte dos espectadores e espectadoras, cos edificios e as actividades complementarias, para facelos partícipes e achegar o patrimonio á cidadanía. Así, plantéxanse diversos eventos de promoción e divulgación sociocultural en ambos espazos: exposicións permanentes e temporais; unha mostra de artesanía en vivo; visitas guiadas e teatralizadas; obradoiros; roteiros, relatorios e unidades didácticas.