Serea Films fíxose cun Mestre Mateo ‘incubado’ no Milladoiro

'Os espazos en branco' foi distinguido como o mellor documental

Afonda na figura pública de Xela Arias

Bruno Arias, esquerda, e Álvaro Liste na entrega dos Premios Mestre Mateo

Bruno Arias, esquerda, e Álvaro Liste na entrega dos Premios Mestre Mateo / Concello de Ames

Redacción

A produtora audiovisual Serea Films, con sede no Milladoiro (Ames) vén de recibir o sábado o premio Mestre Mateo ao mellor documental por Os espazos en branco, co que o director, Bruno Arias, afonda na figura pública de Xela Arias para atopar nela unha persoa: a súa tía. Serea Films conta cun posto no espazo colaborativo A Proa. Ademais, Serea Teatro, que forma parte de Serea Producións, realizou unha residencia no auditorio da casa da cultura do Milladoiro para preparar a obra de teatro A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, dirixida por Noelia Papín e que foi estreada o 14 de decembro no Milladoiro.

Lidia Veiga, que presentou a gala dos Mestre Mateo xunto con Miguel Canalejo, participa no espazo Radio Cidadá de Ames Radio co Exército Mekemeke. Álvaro Liste, produtor en Serea Films, e Bruno Arias, director do documental, foron os encargados de recoller o premio. Liste agradeceulle ao Concello de Ames e outras institucións a colaboración para poder realizar dito documental. Ademais, dixo que “este proxecto naceu nunha cafetería no Milladoiro cando coñecín a Bruno. Este é un proxecto xeracional no que nos rodeamos de xente moi nova que supuxo un gran impulso pola forza e as ganas coas que veñen”.  

TEMAS