Carballo ofrece axuda no fogar a preto de 400 veciños que teñen limitada a súa autonomía persoal
O custo do servizo ascendeu a 1,6 millóns de euros en 2023
Unha vintena de alumnos están formándose na atención á dependencia
J. M. Ramos
O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) atendeu o ano pasado a 395 veciños e veciñas de Carballo: 333 con dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia, e 62 que dispuxeron do servizo municipal polo sistema de libre concorrencia. En total prestáronse 74.566,59 horas de SAF, cun custe de 1.630.500,17 euros.
Das persoas xa recoñecidas como dependentes, 88 son homes e 245 mulleres, e beneficiáronse dun total de 71.252,59 horas efectivas de atención domiciliaria. O custo ascendeu a 1.563.176,87 euros, que se financian coas achegas das persoas usuarias (173.037,96 €), da Deputación da Coruña (171.812,99 euros), da Xunta de Galicia a través do plan concertado (918.856,04 euros) e do propio Concello (299.469,88 euros). Cada hora de atención ás persoas con dependencia acada os 21,94 € de media.
Este servizo ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñen limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar. As persoas que non teñan recoñecida a dependencia, pero que reúnan unha serie de criterios técnicos que acrediten a súa necesidade, poden recorrer ao denominado SAF básico ou de libre concorrencia, que contou o ano pasado con 62 persoas usuarias (das cales 29 eran homes e 33 mulleres), e un total de 3.314 horas de atención a domicilio.
Neste caso, o Concello de Carballo asume a maior parte do gasto. O ano pasado destinou a este servizo 67.323,35 euros, dos cales 5.942,50 corresponderon aos copagos dos usuarios (1,79 € de media por hora), 10.119 euros á achega da Deputación da Coruña a través do denominado POS Social (3,05 €/hora), 10.446,93 ao plan concertado da Xunta de Galicia (3,15 €/hora) e 40.814,87 euros de achega municipal (12,32 €/hora).
O Concello de Carballo considera “unha prioridade a atención á dependencia”, e por iso está a traballar, co apoio da Xunta de Galicia, na formación de profesionais. Neste momento está en marcha no Fórum un novo obradoiro de emprego do que sairán vinte persoas cualificadas.
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Padrón celebra o seu San Xoán de Raio coa comida de confraternidade
- Ames reconfigura as subvencións, despide a Santomil e axudará tamén a inscribir galiñeiros
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- El mirador a casi 700 metros de altura de Rianxo desde el que se pueden ver las torres de la Catedral
- Carteros de Lalín protestan en Santiago por la posible supresión de cuatro plazas
- Frita, en escabeche y en empanada: exquisito culto a la xouba en Rianxo