ACCIDENTE

Ferido leve o condutor dun camión cargado de madeira que envorcou na Laracha

Os bombeiros alertaron a Augas de Galicia do vertido de gasóleo a un regato

O camión, que estaba cargado de maderia, envorcou lateralmente

O camión, que estaba cargado de maderia, envorcou lateralmente / Bombeiros de Carballo

J. M. Ramos

Un camión cargado de madeira envorcou na tarde do xoves cando circulaba por unha estrada local no lugar de Carballa Redonda, pertencente á parroquia de Montemaior, no concello da Laracha.

O condutor contou coa colaboración dun operario que traballaba no cargado do camión para saír do vehículo, e foi trasladado por este ao centro médico da Silva, tal e como informou a Policía Local da Laracha.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Carballo, que constataron ademais a perda de combustible do vehículo provocando que o gasóleo alcanzase un regato próximo, polo que informaron a Augas de Galicia desta situación.

No operativo participaron tamén unha patrulla da Policía Local da Laracha, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de A Laracha.