Val do Dubra estrea un servizo de estimulación terapéutica para persoas con demencia

Presentación do servizo de estimulación terapéutica

Presentación do servizo de estimulación terapéutica / CONCELLO

Redacción

Val do Dubra acolleu onte a presentación do novo servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Esta iniciativa conta co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude e atenderá a partir do vindeiro mes de maio ás persoas con esta problemática durante tres días á semana.

A iniciativa impulsada polo Concello en colaboración coa Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea Alzhéimer) procura “mellorar a calidade de vida dos maiores, así como fomentar as relacións interpersoais”, explican fontes municipais.

Ademais, contará con fisioterapeutas, psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais e xerocultores.

O primeiro paso que terán que pasar os pacientes deste novo servizo será unha valoración que levará a cabo a psicóloga de Agadea, Taida Sánchez, para diagnosticar o grao de afectación da doenza. “Este tipo de terapias son fundamentais para retardar o deterioro cognitivo”, di a representante de Agadea, Lucía Fandiño.