Síguenos en redes sociales:

O XX Certame Literario amesán recompila os textos nunha obra

Léronse fragmentos dos dezaoito traballos premiados no último concurso

Vanse elaborar dous libros máis coas creacións recoñecidas nas vinte edicións

O XX Certame Literario amesán recompila os textos nunha obraConcello

A casa da cultura de Bertamiráns, en Ames, acolleu o acto de presentación do libro cos 18 textos premiados XX Certame Literario de Ames. Nazaret López, xornalista e escritora, foi a encargada de dar pé ao evento e de ir dando paso aos gañadores do certame literario de 2023 (houbo galardoados de Negreira ou Touro, pero tamén de Sada ou Cangas) que leron fragmentos das súas propias creacións.

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García; a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto; a concelleira e voceira do Partido Popular, Oliva Agra; e a concelleira e voceira do BNG, Escarlata Pampín, tamén leron textos dalgúns autores e autoras que non puideron acudir ao acto. Durante o acto, interviu García, que anunciou que dende o departamento de Normalización Lingüística estase traballando na elaboración de dous libros, un de narrativa e outro de poesía, que recollan todos os textos premiados –a edición 2024 admite textos ata o 24 de abril– nas vinte edicións”. 

Pulsa para ver más contenido para ti