Solidariedade dende Carballo para ofrecer transporte seguro a mozas de Malawi para que poidan estudar
Nómadas Motorhome e a Operación Pangono traballan para que dispoñan dun minibús
Servirá tamén para previr o acoso sexual nos ateigados servizos públicos
A solidariedade non coñece fronteiras e, por iso, dende Carballo, a empresa Nómadas Motorhome, dedicada á venda e aluger de autocaravanas, vén de impulsar, xunto coa Asociación Operación Pangono Pangono, o proxecto #miniVAN_Area49 para conseguir un minibús que facilite os desprazamentos a escolas e universidades a 70 mozas da residencia Amai María, de Malawi, que xestionan as Misioneiras de María Mediadora.
Ricardo Baamonde Couto, presidente da sinalada asociación, xunto con Lucía Figueiras e Jesús García, xerentes de Nómadas Motorhome, presentaron o proxecto que vén a complementar iniciativas anteriores, como as Rutas Nómadas Solidarias que en 2107 en 2018 permitiron recadar fondos para dotar de instalacións fotovoltacias e bombeos solares a varios hospitais, orfanatos e residencias de estudantes, tamén en Malawi. “Despois da boa experiencia, e pasada a pandemia, propuxémonos tratar de axudar ás mozas africanas para que poidan rematar os seus estudos de secundaria e universitarios”, afirma Lucía Figueiras.
Veinte años de un contrato pionero que adjudicó la limpieza viaria de Carballo a personas con diversidad
Os promotores do proxecto aseguran que o transporte público na cidade de Lilongwe, onde se ubica a residencia, “é moi precario e realizase en camionetas de cabina aberta ou minibuses privados, que van sempre moi ateigados de xente”. Ademais, engaden, non teñen horarios fixos, os accidentes son moi frecuentes debido á falta de mantemento dos vehículos, e o prezo dos minibuses privados son moi elevados para a capacaidade económica das xentes malawianas.
Apoio ao desenvolvemento dos nenos de 125 familias de Bergantiños
A todos eses problemas hai que que engadir que eses medios van sempre cheos para facer rendibles as rutas, “e este feito provoca que as mozas sufran con frecuencia acoso sexual, especialmente as máis novas, polo que moitas veces optan por desprazarse a pé a pesar das longas distancias que deben percorrer”, subliñan. Uns atrancos que esperan superar coa doazón do minibús que pretenden conseguir, “e que podería usarse tamén no hospital de Mlale e no orfanato de Chezi”, que tamén xestionan as misioneiras.
Temas
Más en Área
-
La Semana Verde Abanca va a incluir albóndigas de potro, rapa das bestas y a un niño de 7 años manejando cerdos
-
Dubra esgotará a vía xurídico-administrativa e mobilización social para evitar que instalen un vertedoiro en Niveiro
-
Chequeiras de 30 euros para que 1.330 laracheses aposten polo consumo de proximidade
-
Cee impulsa un plan estratéxico de turismo para posicionarse como un destino sostible e desestacionalizado