CONTAMINACIÓN

Desaconsellan o baño na Praia da Torre de Rianxo por unha bacteria asociada a augas fecais

A empresa responsable do saneamento descarta que se deba a un fallo na rede

Apuntan a un posible vertido nalgún punto da ría

Temporalmente, desaconséllase o baño na Praia da Torre

Temporalmente, desaconséllase o baño na Praia da Torre / Concello de Rianxo

J. M. Ramos

O Concello de Rianxo desaconsella temporalmente o baño na Praia da Torre logo de que nunha análise rutinaria se detectara a presencia de Escherichia Coli, unha bacteria asociada á contaminación por augas fecais.

A empresa responsable do servizo de saneamento e abastecemento descarta que a contaminación teña relación con algunha incidencia na rede, dado que todos os seu compoñente funcionan correctamente. "Semella que a situación se debe a algún posible vertido noutro punto da ría", subliñan dende o Concello.