CULTURA
Un cento de libros e viños no encontro enoliterario de Fisterra
Duascentas persoas compartiron experiencias con escritores, artistas, hostaleiros e representantes de empresas
Cen libros, cen viños. Con esta ambiciosa aposta botou a andar o segundo Encontro Enoliterario de Galicia, celebrado no Hotel Bela Fisterra e organizado polo xerente do establecemento Pepe Formoso e o poeta fisterrán Modesto Fraga, xunto con Luis e Alejandro Paadín, autores da Guía de Viños de Galicia, e dos escritores Rodrigo Costoya e Rober Cagiao.
Preto de duascentas persoas gozaron dun encontro no que a enoloxía e a literatura galegas foron protagonistas. Entre os máis de trinta escritores presentes atopábanse figuras consagradas e tamén literatos noveis, ademais de persoeiros como Ramón Caride Ogando; Bieito Romero (Luar na Lubre); Julio Castro, director do Parador de Turismo de Muxía; Julia Ures, do colectivo Ponteceso Cultura Permanente; Brais Pichel, chef do restaurante Terra, con estrela Michelín; e Manuel López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.
Asistiron tamén representantes de empresas, de clubs de lectura e librarías, activistas en prol do patrimonio, estudosos, artistas de países coma Hungría ou Italia, e numerosos amantes da cultura. Todos eles puideron desfrutar dun acto no que todo foi de balde, tanto os viños coma a conversa sobre os libros, que non estaban á venta.
Finalmente, foron máis de cen os títulos que os autores e autoras trouxeron ao Bela Fisterra. Tamén máis de cen os brindes que se sucederon sen pausa nos diversos grupiños de asistentes. Conversas, literatura e viño. Un éxito que augura que Galicia poderá celebrar axiña o seu III Encontro Enoliterario.
- Ni cada dos semanas ni cada mes: los expertos se pronuncian sobre la frecuencia exacta con la que debemos cambiar las sábanas
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- “Nunca he estado en una ciudad como Santiago, por eso creo que estoy muerto y me lo he inventado todo”
- Se lleva el 'zasca' de su vida tras negar que el gallego es un idioma: 'No eres bilingüe cari
- Así es el impresionante ático dúplex en venta en Santiago de Compostela, con espectaculares terrazas y el piso más barato del casco histórico
- Alerta amarilla por fuertes lluvias en Galicia desde este lunes: ¿Hasta cuándo lloverá en Santiago?
- Una reunión de exalumnos de Teo superó el medio millar de comensales en el entorno de la capilla de As Cabezas
- Diez retos para Santiago: ¿En qué se ha avanzado en el primer año de Sanmartín como alcaldesa?