O rural contará con 1,5 millóns de investimento con cargo á Deputación

Servirán para financiar as obras de pavimentación de oito parroquias compostelás

Imaxe dunha Xunta de Goberno Local.

Imaxe dunha Xunta de Goberno Local.

ECG

O Concello de Santiago solicitará ata 1,5 millóns de euros con cargo ao Plan provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS+ 2023) da Deputación Provincial da Coruña. Cos cartos Raxoi pretende realizar melloras no rural compostelán. As parroquias beneficiarias serán as de Sabugueira, Marrozos, Villestro, Marantes, Aríns, Bar de Arriba, Bar de Abaixo e Asidrosto.

A Xunta de Goberno local aprobou onte solicitar un importe de 706.104,52 euros, cos que se financiarían catro actuacións no rural. A estas obras sumaríanse outras tres do Plan Complementario, cun orzamento previsto de 805.400,69 euros, tamén con cargo á Deputación. En total, os investimentos previstos no rural grazas ao POS para este ano 2023 contarían cunha achega de 1.511.505,21 euros.

Con cargo á achega provincial de 2023 financiaríase a pavimentación do lugar de Vilamaior, na Sabugueira; e a pavimentación da rúa das Baleixas, en Marrozos. As actuacións de pavimentación dos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e da rúa dos Asidros e a pavimentación do núcleo interior do lugar de Pedrido, en Villestro realizararanse con fondos de 2022. O Concello tamén fai as súas aportacións.