Borja Verea anuncia en Villestro que creará unha Oficina de Tramitación para o Rural

Este departamento dedicarase a sacar adiante a “eterna burocracia” coa que se atopan todos os días os veciños das parroquias e que impide a modernización do rural // “Unha das primeiras medidas que tomaremos se chegamos ao goberno será a de aumentar os medios coa adquisición de máis tractores e a creación dunha Brigada do Rural para mantemento e limpeza”, anunciou Verea

Verea Fraiz traballará para facilitar que empresas interesadas en mellorar a vida destes veciños. PP

Verea Fraiz traballará para facilitar que empresas interesadas en mellorar a vida destes veciños. PP

Redacción

Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular, visitou a parroquia santiaguesa de Villestro para saber das necesidades desta zona. A xuntanza inclúese dentro dos distintos encontros que está a manter o candidato Popular, desde hai máis de dous anos, coa veciñanza de Santiago. Durante a reunión, Verea Fraiz anunciou que creará unha Oficina de Tramitación para o Rural, que buscará sacar adiante a “eterna burocracia” coa que se atopan todos os días os veciños das parroquias e que impide a modernización do rural.