Borja Verea comprométese a buscar unha solución para os problemas de tráfico que sofren os veciños de Cancelas

Tamén será unha prioridade, para o candidato popular, mellorar o acceso ao Cuartel da Garda Civil

Borja Verea reunido cos membros da Asociación de veciños do barrio compostelá de Cancelas

Borja Verea reunido cos membros da Asociación de veciños do barrio compostelá de Cancelas

Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular, mantivo unha xuntanza cos membros da Asociación de veciños do barrio compostelá de Cancelas, onde puido expoñerlles as súas propostas iniciais para esta zona da capital de Galicia, ademais de coñecer as demandas que teñen. Verea Fraiz comprometeuse a modernizar o barrio e darlle os servizos que a zona merece e que a veciñanza leva anos solicitando.