Novo itinerario ciclista entre Romero Donallo, Amor Ruibal e a rúa do Hórreo

Imagen actual de la avenida Romero Donallo, que en los próximos meses cambiará su imagen / ECG
Redacción
A Xunta de Goberno Local, reunida onte en sesión ordinaria, aprobou o proxecto de execución da rede Itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono (fase i- entorno intermodal), que sae a licitación por 307.519,40 euros, IVE engadido, e un prazo de execución de tres meses. As actuacións que se contemplan no proxecto teñen por obxecto a implantación dun itinerario ciclista entre a avenida de Romero Donallo, a rúa de Amor Ruibal e a rúa do Hórreo. Con esta intervención darase continuidade ás obras xa realizadas na rúa Clara Compoamor e na rúa do Hórreo e estableceranse as bases da futura rede de itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono.
A solución proxectada levarase a cabo nunha contorna urbanizada e sobre un sistema viario xa existente, polo que, para a implantación dunha vía ciclista segregada do tráfico rodado é preciso reducir o ancho das beirrarrúas ou carrís, ou incluso suprimir algún. Na rúa Romero Donallo contémplase carrís de 3 metros, e no treito que vai dende a rúa Rosalía de Castro ata a saída do túnel está revisto eliminar un carrill por sentido. Cada marxe contará cun itinerario ciclista, dun só sentido e ancho comprendido entre 1,50 e 2,00 metros. Entre a vía ciclista e a beirarrúa disporase unha zona verde.
A rúa de Amor Ruibal contará cunha vía ciclista na marxe dereita, en dirección Pontepedriña, de dobre sentido de circulación e un ancho de 3,20 metros. Nesta marxe será necesario suprimir un carril de circulación. Na rúa do Hórreo proxectáronse dúas solucións mantendo o actual número de carrís cun ancho de 3,25 metros. Dende a intersección coa rúa de Romero Donallo e ata o primeiro paso de peóns contará cun itinerario ciclista en cada marxe, dun só sentido e 2 metros de ancho. A continuación, discorrerá só pola marxe esquerda, con dobre sentido de circulación e 3,25 metros de ancho, ata a súa conexión coa vía ciclista xa existente na rúa do Hórreo.
- Los sindicatos deciden aplazar la huelga indefinida del transporte: el lunes continúan las negociaciones en Santiago
- Negociación 'in extremis' para evitar una huelga indefinida en los buses de Santiago
- Christian Gálvez: «Santiago es mi segunda casa y es parte de mi vida»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Suspendida la huelga indefinida de buses en Santiago tras el principio de acuerdo entre patronal y sindicatos
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago