A plataforma do novo conservatorio de danza critica a posición do PP

A deputada Noa Díaz

A deputada Noa Díaz / ECG

Redacción

O grupo parlamentar socialista, a través da deputada Noa Díaz, presentaba o pasado venres unha proposición non de lei na que instaba ao Goberno galego “a elaborar en 2023 o proxecto de construción dun conservatorio profesional de danza en Santiago”, unha proposta que conta cun gran respaldo social a través de máis de cinco mil sinaturas, do Concello, da totalidade de sindicatos do ensino e de colectivos como a Federación de Anpas de Compostela, entre outros. O PP incidiu “na necesidade de facer unha análise e un estudo para saber se é necesario”. A posición do PP causou unha enorme sorpresa e “decepción” aos membros da Plataforma pola creación dun conservatorio profesional de danza en Santiago, que non entenden “esta nova decisión despois de ter manifestado en recentes reunións, tanto Verea como Egenique, o apoio á necesaria creación dun centro de ensino destas características en Santiago”.