O BNG pide unha declaración institucional a prol do Conservatorio de Danza

Imagen de Goretti Sanmartín

Imagen de Goretti Sanmartín / ECG

Redacción

O BNG mantivo un encontro con representantes da Plataforma para o Conservatorio de Danza para apoiar “unha declaración institucional que impulse esta infraestrutura nova que necesita Compostela ante a demanda existente para incrementar a actual oferta formativa de danza”, informou a formación nun comunicado. Na reunión estiveron Goretti Sanmartín e Fernado Lacaci, que integra a candidatura do BNG, e Berta Secall e Lupe Carballo. Por parte do BNG confirmaron o compromiso de impulsar a construción e posta en marcha dun Conservatorio de Danza en Santiago de Compostela, algo que o BNG defendeu desde o primeiro momento. Ademais, acordaron que o Concello faga unha declaración institucional de apoio á construción do Conservatorio de Danza de xeito inmediato “e desde o BNG emprazamos o candidato do PP e tamén deputado no Parlamento galego a que consiga o compromiso da Xunta”.