Santiago contará con representación nun evento transfronteirizo

Sede de Uninova en Santiago

Sede de Uninova en Santiago / ECG

Redacción

Uninova, sociedade impulsada polo Concello de Santiago e a USC que ofrece asesoramento, aceleración e soporte para a creación de iniciativas empresarias innovadoras, xunto á Cámara de Comercio de Santiago, participarán no IX Encontro Transfronteirizo das Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal. O encontro, que terá lugar en Leça da Palmeira (Portugal) o vindeiro mércores, 19 de abril, permitirá ás Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal intercambiar experiencias e boas prácticas e explorar oportunidades de colaboración para os vindeiros anos 2023 e 2024. Está previsto que a xornada se inicie coa presentación de boas prácticas realizadas ao longo do pasado exercicio, para de seguido compartir historias de éxito e dar a coñecer propostas de colaboración para os seguintes anos.