A exposición ao consumo de tabaco materno durante o embarazo pode aumentar a tensión na infancia

É unha das conclusións da tese de doutoramento da investigadora da USC, Nerea Mouriño, que obtivo o sobresaínte cum laude

A enfermeira, Nerea Mouriño durante a presentación do seu traballo na Universidade de Brown / cedida

A enfermeira, Nerea Mouriño durante a presentación do seu traballo na Universidade de Brown / cedida / lorena rey

A exposición temperá ao fume ambiental do tabaco, tamén nomeado como tabaquismo pasivo, tanto no período fetal como nos primeiros anos de vida, provoca efectos adversos na saúde cardiometabólica durante a infancia e a adolescencia e pode aumentar as cifras de tensión arterial sistólica de forma significativa. Así o demostran dous estudos da Universidade de Santiago que parten da tese de doutoramento de Nerea Mouriño Castro, presentada o 16 de decembro de 2022, en colaboración con persoal investigador da Universidade de Brown, e que obtivo a calificación de sobresaínte Cum Laude.

O primeiro estudo desenvolveuse a partir de datos da cohorte estadounidense, Health Outcomes and Measures of the Environment (HOME) Study, que iniciou o recrutamento de mulleres embarazadas no ano 2003 e, dende entón, continuou co seguimento das mulleres e a súa descendencia para valorar os efectos na saúde, durante a infancia e adolescencia, derivados da exposición pre e posnatal a diferentes tóxicos ambientais, entre eles, o fume do tabaco. “Consideramos diferentes variables como los triglicéridos, el colesterol y la grasa visceral y se analizaron posibles modificaciones del efecto segundo el período de exposición y el sexo de los adolescentes”, detallou a este medio Nerea Mouriño, do grupo de Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servizos de Saúde da USC, coordinado polo profesor Alberto Ruano Raviña.

Os resultados mostraron que a exposición prenatal ao fume ambiental de tabaco non inflúe tanto na saúde cardiometabólica como a exposición postnatal, algo que “puede ser debido a que los niños que estaban expuestos al humo durante el embarazo lo seguirían estando después y esa exposición acumulativa fue lo que hizo que fuera más significativa esa afectación”, añadió. A maiores, observaron que podería repercutir de manera diferente en función do sexo. “No son resultados concluyentes, pero sí que parece como que las niñas podrían verse más afectadas”, comentou.

Por outra banda, o segundo estudo, que se desenvolveu de xeito paralelo ao primeiro, abordou os datos de quince estudos de cohortes, realizados entre 1959 e 2007, que incluían cifras medias de tensión arterial de 73.448 nenos/as e adolescentes de 3 a 17 anos que estiveran expostos ao fume de tabaco materno durante o período fetal. “La tensión arterial es un problema importante en la sociedad actual y es uno de los principales factores de riesgo de la salud cardiovascular”, mencionó.

Los resultados marcaron que “los niños y niñas que estuvieron expuestos durante el embarazo al consumo del tabaco, como declaraban las madres, sufren un aumento de la tensión arterial sistólica durante la infancia y adolescencia”. Ao respecto, engadeu, que era probable que “estas mujeres siguieran fumando tras dar a luz”.

Na actualidade Mouriño, graduada en Enfermaría pola Universidade de A Coruña, segue traballando co equipo de investigación da USC en novos traballos de investigación, ademais de ser enfermeira na Unidade de Reanimación e Cuidados Críticos Postquirúrxicos do CHUAC.