A furgoneta de campaña do PP rompe o letreiro dun kebab e Verea remata comendo un durum
Tralo incidente, o candidato popular pasou polo local para falar co dono e sentou comer un döner enrollado

Cedida
ECG
Un dos vehículos da campaña de Borja Verea estampouse hoxe contra o letreiro dun restaurante da rúa Rosalía de Castro. O rótulo do local, o Ali Baba Turkish Kebab, quedou torto a causa do impacto dos altofalantes da furgoneta. O momento capturouno Salseo USC, a conta de instagram dirixida ao estudantado, que subiu a foto do incidente ás súas stories e que despois compartiu Borja Verea nas súas redes sociais.
O condutor do vehículo accidentado deixou o contacto do partido no establecemento para que o seguro se faga cargo do desperfecto, pero o propietario alegou en todo momento que "non era necesario, que el se facía cargo". Segundo explican fontes do partido, o candidato popular chamouno persoalmente para aclarar o acontecido e insistir no pagamento dos desperfectos.
Ante a reiterada negativa do dono, que respondeu que "era unha tontería e que xa o arreglaría el", Borja Verea acudiu comer ao restaurante turco. Alí deu conta dun dos pratos típicos de Oriente Medio e o Mediterráneo oriental elaborado con anacos de carne, peixe e/ou vexetais cociñados á grella ou ao espeto. Durante a visita ao local tamén aproveitou para continuar coa campaña subindo unha réplica ás súas redes en formato vídeo para afirmar: «Nós sí damos un durum por Compostela»
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”