Realidade virtual para axudar na rehabilitación por cancro de mama

A rehabilitación dos pacientes a través de actividades físicas é o que está a explorar este equipo a día de hoxe e faino en varias disciplinas

Realidade virtual para axudar na rehabilitación por cancro de mama

Realidade virtual para axudar na rehabilitación por cancro de mama / Jesús Prieto

Infinitas posibilidades” é o lema da VIII edición da xornada ‘Inside the Lab’, que se celebrou na mañá de onte no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago (USC) e que pretende mostrar ao público o avance no desenvolvemento de tecnoloxías co uso de Intelixencia Artificial (IA).

Unha destas iniciativas conxuga realidade virtual e minaría de procesos para a rehabilitación de pacientes, unha aplicación polo de agora centrada nas pacientes que padecen cancro de mama. “Ese tipo de pacientes recibe quimioterapia, radioterapia e tamén, en moitos casos, realízanlles mastectomías”, explica para EL CORREO GALLEGO Manuel Lama, investigador sénior do CiTIUS. A rehabilitación dos pacientes a través de actividades físicas é o que está a explorar este equipo a día de hoxe e faino en varias disciplinas. No caso das pacientes con cancro de mama, “teñen que facer unha serie de exercicios que están moi relacionados co tipo de tratamento que reciben”, explica Lamas.

“Nesta aplicación o que teñen que facer é agocharse, facer sentadiñas, desprazarse lateralmente e tamén levantar os brazos, custa levantar o brazo porque tira do peito e tamén da axila”, conta o investigador do CiTIUS, e o certo é que “mediante este ‘xogo’ de exercicio con realidade virtual se pode analizar en que situación está o equilibrio das pacientes, que varía unha vez que careces de mama”, por exemplo.

“O que perseguimos con isto é que fagan os exercicios xogando, pero ademais facemos medidas do número de veces que o fan ben, recollemos todos os datos e enviámolos a unha plataforma de minaría de procesos, porque consideramos que cada xogo é un proceso na secuencia de actividades”. Desta maneira faise unha medición da evolución do paciente que se pode compartir co persoal médico. Até o de agora esta tecnoloxía non está implementada máis si foi testada no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) durante tres xornadas.

Unha das spin-offs presentes nesta edición de ‘Inside de Lab’ e a aplicación de xeolocalización en exteriores e interiores, Situm, da que é responsable de márketing David Otero. “Los tres socios fundadores, son tres doctores que desarrollaron su proyecto aquí (en referencia ao CiTIUS) hace más de diez años, aunque Situm realmente empezó a funcionar a finales del 2014, y desde entonces hemos crecido y ahora estamos en 70 países en todo el mundo”, explica Otero. Situm ofrece xeolocalización de móbiles, e tras do móbil hai unha persoa, e faino en espazos exteriores utilizando GPS, satélite, e en interiores mediante o emprego Wayfinding (WYF) o que permite guiarte en espazos amplos, coma aeroportos, circuitos de Fórmula 1, áreas comerciais, etc.

“¿Cuál es nuestra diferencia? Porque todo el mundo dice que localizar teléfonos móviles se lleva haciendo desde hace mucho tiempo”, comenta Otero para aclarar que “lo llevan haciendo desde hace mucho tiempo en exteriores. Muchas veces se nos referencia como el Google Maps de interiores. ¿Por qué? Porque de interiores no hay GPS”, aclara este investigador que Situm, que en Compostela ten a súa aplicación en funcionamento na Cidade da Cultura.

Marbling Predictor é a tecnoloxía desenvolvida pola investigadora Eva Cernadas e mediante a que se realiza unha predición da calidade dos produtos cárnicos en base a unha serie de parámetros, que ela mesma explica. “Trátase de predecir a calidade da carne utilizando a Intelixencia Artificial”, comenta. A ferramenta o que intenta é que non teñamos que facer catas dixitais, senón que o propio sistema a faga, algo que ten moitas repercusións na industria, porque nos permite estratificar o mercado, poñer diferentes prezos, pero tamén é importante para quen consume, porque ve garantido que o produto que compra se adapta a unha certa calidade”. O sistema recoñece cada un dos músculos do xamón, uns máis secos e outros máis húmidos e ofrece unha puntuación adoptada de seis catadores visuais e comprobada pola investigadora, “sempre que deseñamos un sistema que utiliza intelixencia artificial, algo moi importante é verificar que é capaz de reproducir resultados que son reais”.

Paulo Gamallo, investigador en tecnoloxías lingüísticas, tamén presente na xornada é un dos creadores do Proxecto Nós, “un tradutor neuronal de galego para diferentes linguas, agora estamos traballando con galego-español e con galego-inglés, que son os modelos neuronais de tradución que presentamos aquí”. O que realizaron foi un traballo mediante redes neuronais artificiais que lles permite desenvolver, mellorar e aumentar os datos desta ferramenta para o seu mellor funcionamento. Unha ferramenta de software libre que xa está na rede “e dispoñible para o público en diferentes repositorios internacionais”, di Gamallo “a idea é que outras empresas collan o que estamos a facer, que o adapten a dominios máis específicos e o melloren”.

Nesta particular feira, que visitou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén tiveron o seu lugar os proxectos Yes, we CAM!, de deseño de chips de IA para cámaras intelixentes; un proxecto de caracterización de vías con LIDAR aéreo para actuar en territorio non urbano; outro de detección e seguemento de obxectos en escenarios complexos, cunha capacidade moi elevada para o seguemento en vídeo e en condicións de iluminación non óptimas. En que idioma escribes? e InVerbis, foron outras das tecnoloxías presentadas, centrada a primeira no recoñecemento do idioma e a segunda na mellora dos procesos de negocio.

Un total de dez expositores déronse cita nesta feira do CiTIUS, oito tecnoloxías e dúas spin-off, que presentaron as súas aplicacións, “en avanzado estado de madurez, listas para a súa transferencia á industria e á sociedade”. Un evento que ten como clientes obxectivos as empresas privadas e do sector público.