Obras de mellora da eficiencia enerxética no Pazo de Raxoi

A intervención do Consorcio consiste na renovación das carpintarías e no saneado da fachada que dá á praza do Obradoiro

Obras en Raxoi, na área correspondente ao Concello de Santiago.

Obras en Raxoi, na área correspondente ao Concello de Santiago. / FIRMA

Redacción

O Consorcio de Santiago está a executar obras de mellora da eficiencia enerxética do Pazo de Raxoi.

O pasado mes de febreiro comezabancoa área que corresponde á Xunta e ao Consello da Cultura neste edificio, e dende xa hai uns días comezaron as obras na área esquerda, que corresponde ás estanzas do Concello de Santiago.

A intervención do Consorcio consiste na renovación das carpintarías e no saneado da fachada que dá á praza do Obradoiro.

Estanse a realizar labores de mantemento do estado das pedras da fachada, e búscase tamén renovar as carpintarías da cara leste de Raxoi e colocar alí novas fiestras de madeira que garantan un maior illamento térmico das instalacións, así como tamén a restauración dos enreixados xa existentes nos balcóns, a limpeza e a consolidación dos elementos escultóricos desta fachada e a eliminación e integración do cableado, das cámaras e dos farois do frontal do Pazo de Raxoi.

O proxecto realízao Obras Gallaecia e o importe é de 548.912 euros, IVE incluído.