O arpista compostelán Manuel Vilas, na semana grande do Festival Ateneo Barroco
Fai un concerto este venres no Teatro Principal (20 h.) con Vanessa Muela como Ars Atlántica

Manuel Vilas, arpista / LNE

As cantatas italianas de Haendel inauguran este lunes 16 de outubro a semana grande do Festival Ateneo Barroco 2023 cun concerto no Salón Teatro (20 h.) de Santiago. E estará introducido por unha breve sesión explicativa sobre Haendel e a cantata. As entradas de 10 euros poden mercarse na web do festival (https://festivalateneobarroco.gal) e do Ateneo de Santiago (www.ateneodesantiago.gal). A semana principal da quinta edición do Festival de Música Antiga e Barroca comeza este luns co programa Cantatas de Haendel: Armida e Agrippina. A intérprete vocal, inspiración e expresión, onde a soprano vasca Jone Martínez, nunha colaboración co conxunto galego Camerata Boccherini, dirixido polo violinista Massimo Spadano, interpretará as dúas grandes cantatas do período italiano de Georg Friedrich Hände (Halle, Alemania,1685 -.1759, Londres, Reino Unido) inspiradas en Armida e Agrippina, “fermosas, dramáticas e esixentes obras, que exploran os recursos técnicos e expresivos da voz”, sinalan os organizadores na súa nota de prensa.
Jone Martínez colabora coas principais orquestras de España. Pola súa banda, o conxunto Camerata Boccherini, fundado polo violinista Massimo Spadano na Coruña hai dúas décadas, é un ensemble de formato variable que afonda na tradición musical.
A continuación, o martes, 17 de outubro, celebrarase a segunda sesión do Ciclo Cinema, Doc, Música, na cal o arpista compostelán Manuel Vilas presentará, baixo o título A tradición oculta, unha escolma de material escrito e visual, cinematográfico, videográfico e musical, coa intención de reflexionar e poñer “en evidencia a profunda débeda que a música clásica ten coas músicas de tradición”. Esta actividade, de acceso gratuíto, terá lugar ás 19.00 h. na Rúa do Vilar, 19. E Vilas fai tamén un concerto este venres no Teatro Principal (20 h.) con Vanessa Muela como Ars Atlántica.
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Dos bloques, 18 viviendas y una fachada acristalada: así será un nuevo edificio del centro de Santiago
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
