FORTALEZA MEDIEVAL

Raxoi pon en valor as obras da contorna do Castelo da Rocha

O Centro Sociocultural da Rocha acolleu onte o acto coa veciñanza

O Centro Sociocultural da Rocha acolleu onte o acto coa veciñanza / Antonio Hernández

Redacción

O Centro Sociocultural da Rocha acolleu onte un evento coa veciñanza co obxectivo de pór en valor as obras de acondicionamento da contorna do Castelo medieval da Rocha Forte, rematadas en 2022. Esta intervención, realizada polo Concello de Santiago, permitiu a recuperación da zona e a inclusión de novas infraestruturas para mellorar o acceso de veciñanza e visitantes a esta singular fortaleza medieval. Durante o acto, que contou coa presenza de membros da Corporación municipal, veciñanza e representantes da Asociación Cultural da Rocha Forte, o grupo Doa ofreceu aos asistentes unha actuación de música medieval. Sanmartín indicou que as actuacións realizadas tanto no xacemento como nos accesos e aparcadoiro “contribúen a poñer o Castelo da Rocha a disposición de toda a cidadanía, promovendo as visitas, o coñecemento e a consciencia actual sobre esta Fortaleza”. Tamén salientou o traballo e as iniciativas da Asociación Cultural Rocha Forte, que “loitaron intensamente para que as institucións iniciasen a recuperación e posta en valor dos restos da Fortaleza e da súa contorna”.