O PSOE pide mellorar o mantemento das zonas verdes de Conxo, San Lázaro e Belvís
Mila Castro denunciará no pleno a pasividade que observa nas labores de desbroce
Redacción
O mantemento das zonas verdes de Santiago sairán a debate no próximo pleno municipal deste xoves, a instancia do Grupo Socialista. A concelleira Mila Castro instará ao goberno local a adecentar o barrio de San Lázaro na contorna da rotonda e no aparcadoiro próximo ao Palacio de Congresos.
Tamén para o barrio de Conxo reclamará melloras na rúa de Manuel Beiras e na rúa da Ponte Pequena. Nun comunicado, a edil socialista explica que ambas atópanse nunha “situación de abandono” con “setos que invaden o carril de circulación” e “maleza que coloniza as beirarrúas”.
“Vemos, durante estes últimos meses certa pasividade nas labores diarias de desbroces e mantemento de zonas verdes” denuncia Castro, que insiste en que “estas cuestións, que son sinxelas, requiren de atención por parte do concelleiro responsable”, algo que “nestes meses, semella faltar”.
Melloras na iluminación do parque de cans de Belvís
Mila Castro preguntará tamén pola actuación de mellora do espazo verde para cans en Belvís que se comprometera por parte do goberno local. Un proxecto “necesario” explica a que fora responsable de Parques e Xardíns, “posto que non se trata só de mellorar a infraestrutura para os animais, tamén de mellorar a iluminación nunha zona moi escura”. Máis aínda, recorda, “cando agora, durante o inverno, hai menos horas de luz e a xente sae a pasear aos seus animais de compañía xa de noite”.
Ademais das melloras na iluminación, o proxecto contempla o peche do recinto do parque de cans e a instalación dun valado, unha fonte de auga e novos bancos no percorrido do paseo.
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Vecinos de Conxo acuden a la Fiscalía para frenar la senda entre San Caetano y Milladoiro
- Solo 15 edificios de más de 50 años han pasado la ‘ITV’ obligatoria en Santiago con el plazo a punto de vencer
- A residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras funcionará como hotel durante o verán
- Asesinato en el San Serapio de Conxo: un ajuste de cuentas por la venta de droga adulterada terminó con una trágica muerte
- Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
- Trabajadores de Finsa cortan la carretera de A Coruña delante de la fábrica para exigir 'un convenio justo