Raxoi imponlle a Servisar unha sanción de 20.000 euros por "incumprimentos graves" na prestación do Servizo de Axuda no Fogar
Trátase da segunda multa por non obedecer o dictado dos pregos do contrato que impón o Concello e de producirse unha terceira rescindiríase a relación contratual
A edil de Servizos Sociais, María Rozas, tacha de "intolerable" que se desatenda "ás persoas máis vulnerables"
As altas de usuarios sofren demoras de até 4 meses cando deben aplicarse en 4 días

A concelleira María Rozas en rolda de prensa no Pazo de Raxoi / CEDIDA

A concelleira de Servizos Sociais, María Rozas, explicou na mañá do luns a decisión, aprobada en xunta de goberno, adoptada polo Concello de Santiago de sancionar cunha multa de 20.000 euros a Servisar, concesionara do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) por incumprimentos "graves e reiterados" das condicións do contrato que mantén co organismo municipal e que "afectan ás persoas máis vulnerables, como son os maiores ou depedentes".
Trátase da segunda sanción a Servisar que, de non rectificar, "acudiremos a unha terceira" explicaba Rozas "que implica a rescisión do contrato". A edil de Compostela Aberta (CA) insistiu na súa comparecencia de prensa no Pazo de Raxoi en que goberno local quere que o SAF preste "un servizo con condicións dignas, que son as que se asinaron no contrato".
María Rozas, destacou entre as causas que motivan esta nova multa a Servisar que "reiteradamente" se producen atrasos nas altas de usuarios e nos contratos de persoal. No primeiro dos casos a edil denunciou que "o contrato establece que o prazo máximo para dar unha alta é de 4 días", condición que aclarou foi unha mellora proposta pola propia empresa e "a día de hoxe hai demoras de ata 4 meses e o tempo medio para dar unha alta é de 22,54 días".
Servisar tamén está a incumprir a modificación nos servizos ás persoas usuarias do SAF. "A Xunta valora estas persoas e aumentar o seu grao de dependencia o pode requirir unha modificación da atención que reciben", pero a concesionaria, "que debe aplicar eses cambios en 24 horas ten demoras de ata 8 meses".
Para María Rozas, a gravidade dos incumprimentos no contrato, aumenta porque "o Concello dispón de fondos para dar novas altas no servizo e evitar que haxa a lista de agarda que hai". "Non é aceptable nun contrato tan sensible para o Concello como é o SAF", polo que logo de "meses de interlocución coa empresa" se opte por impor esta sanción de 20.000 euros.
Informe de Servizos Sociais
A concelleira aínda sinalou máis incumprimentos por parte de Servisar, incluídos no informe de Servizos Sociais. Así, a concesionaria do SAF "non realiza seguementos nos domicilios cando está obrigada a realizalos cada dous meses". Segundo Rozas, "non temos esa información", tan só a correspondente ao primeiro bimestre de 2023, cando de 522 usuarios do servizo tan só se entregaron "52 informes de seguemento".
"Contamos con queixas das beneficiarias do SAF, entregadas no Rexistro, nas que se dá conta de ausencias inxustificadas e sen previo aviso que ascenden a 117". Así mesmo, non se están a aplicar os servizos complementarios indicados no contrato, como servizo de fisioterapia, lavandaría, clases de reforzo ou estimulación cognitiva. Do mesmo xeito que "non se realizou o estudo da realidade das persoas coidadoras no domicilio", que tiña que terse realizado durante o primeiro ano de servizo, "maio de 2022".
Servisar, tampouco respecta a obrigatoriedade que teñen as empresas de relacionarse electronicamente coas Administración públicas.
Vulneración do convenio co seu persoal traballador
As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, na súa maioría mulleres, tamén resultaron prexudicadas polo incumplimentos de Servisar, neste caso polo "cambio unilateral das condicións laborais" das empregadas. "Recurtes na xornada laboral, cambios de quendas e salariais" son algúns dos incumprimentos coas traballadoras, "unha incoherencia cando logo se escudan en que non teñen persoal suficiente para a prestación do servizo", valoración coincidente coa que "periodicamente fai a Xunta de Galicia". "Queremos que se prete este servizo de forma digna", insistiu María Rozas, "polo que as condicións das traballadoras non poden ser cada vez máis precariais e inxustas".
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
