En marcha a instalación de pantallas acústicas no periférico de Santiago
O ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro, permanecerá cortado ao tráfico durante dous meses e medio
A empresa Dragados executa os traballos para ADIF

Na xornada deste luns comezaron os traballos de sinalización / Antonio Hernández
O ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro-Polígonos, permanecerá cortado ao tráfico durante dous meses e medio, debido ás obras de instalación de pantallas acústicas que está a executar a empresa Dragados para ADIF. Dende a xornada deste luns, este corte vai implicar cambios na ordenación do tráfico. Tal e como indicaron dende Raxoi, os vehículos que circulen baixando pola avenida de Lugo e queiran acceder á SC-20, deberán facelo pola rotonda desta avenida coa rúa de Londres, e circular por esta vía ata chegar á rúa de Roma, e alí enlazar coa rotonda existente nesta vía e incorporarse á SC-20.
Da mesma maneira os vehículos que circulen sentido subida pola avenida de Lugo, deberán empregar a mesma rotonda e baixar pola rúa de Londres e realizar o mesmo circuíto para incorporarse á SC-20.
Tras anunciar as obras a pasada fin de semana, o Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
Corte de tráfico na rúa da Obrigada
Por outra banda, na xornada deste martes, a rúa da Obrigada, na parroquia de Aríns, vai quedar cortada ao tráfico entre as 09.00 e as 18.00 horas, con motivo da realización dun cruzamento na calzada para a instalación de tubaxe unindo as dúas marxes. O tramo afectado está entre as rúas de Senande e San Martiño, sendo por esta última vía por onde se realizarán os desvíos alternativos á circulación. Con motivo deste corte, a liña 7 modificará o seu itinerario habitual e quedarán suprimidas neste horario as paradas 624, Torrebranca; e 625, rúa da Obrigada.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
