Primeira toma de contacto da Comisión USC-Concello: traballarán da man priorizando cuestións urbanísticas
Os primeiros grupos de traballo da Comisión de Seguimento do Protocolo de Colaboración entre as institucións manterán reunións internas dende inicios de marzo
O Plan de Mobilidade co uso de bicicletas poñerase en marcha en breve
Os primeiros grupos de traballo daComisión de Seguemento do Protocolo de colaboración entre o Concello e a USC, asinado no pasado mes de novembro, comezarán a traballar a comezos do mes de marzo. Os temas urbanísticos serán os primeiros en tratar. Ademais a Comisión reunirase trimestralmente para dar conta do alcanzado.
La USC solicitará este mes al Concello la licencia de construcción de la nueva Facultad de Farmacia
Así se coñeceu esta mañátras o acto de constitución de dita Comisión. A presidencia correspóndelle ao Concello de Santiago na Alcaldía e a secretaría á xerencia da universidade a través de Pilar Martinez. Goretti Sanmartín asegurou que hai a intención de avanzar nun protocolo que “garanta que os usos residencias para persoal universitario sexan así e que non acaben converténdose en uso hoteleiro”, para o cal contan coa colaboración ds USC.
Tamén queren traballar nun plan anual para que o alumnado poida facer prácticas nos servizos municipais “de xeito planificado e coordinado”. A maiores, coa intención de reducir o uso do vehículo crease o Plan de mobilidade mediante a utilización de bicicletas que vai chegar á contorna do CHUS ou Facultade de Medicina, entre outros puntos cun plan piloto que se poñerá en marcha en breve. Así o asegurou a alcaldesa.
Raxoi quere reter talento na USC ofrecendo facilidades de vivenda e laborais aos estudantes
Pola súa banda, o reitor da USC, Antonio López manifestou que todo o que ten que ver co urbanismo e o campus é unha “peza clave”para poder facer posibles novos proxectos como a Cidade de Saúde, a punto de licitar na súa primeira fase. Co Plan de mobilidade piloto dixo que se verán cales son as rutas máis demandadas e os puntos máis utilizados para adaptar a oferta ás necesidades.
La USC renueva su seguro de daños para un patrimonio de más de 275 millones en Santiago
En xeral, irase delegando ás persoas que formarán parte de cada grupo de traballo que manterá reunións internas. Hoxe mesmo quedaron constituidos os de Urbanismo e Persoal. Para un ámbito posterior estase a traballar en partillar infraestruturas ou cuestións relacionadas coa dinamización económica.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”