Santiago agarda para a Semana Santa unha ocupación de prazas hoteleiras do 80%
O aeroporto Rosalía de Castro operará, entre o 22 de marzo e 1 de abril, un total de 682 voos nacionais e internacionais

A maior ocupación darase o Venres e Sábado Santo / Antonio Hernández

O sector hostaleiro de Compostela prepárase para recibir os visitantes que se achegarán á cidade durante a Semana Santa, en particular, aqueles que acudirán nas xornadas das festividades máis importantes, “la mayor ocupación se da en las noches de Viernes y Sábado Santos”, explica Sara Santos, presidenta da asociación Hostelería Compostela.
A previsión na ocupación hosteleira é de entre o 70 e o 80% das prazas dispoñibles. No primeiro, Sara Santos apunta a que é porcentaxe que se prevé nos hoteis máis grandes e que se sitúan máis ás aforas da cidade, mentres que na améndoa -onde tamén os hoteis son de menor tamaño- prevese unha porcentaxe de ocupación máis elevada.
Malas previsións meteorolóxicas
Sara Santos explica tamén que “esperamos cancelaciones, porque se prevé que tengamos mal tiempo”. Máis optimista é Lois Lopes, de Hostalaria.gal que afirma que aínda que as previsións meteorolóxicas non son as mellores “será unha Semana Santa boa porque o tempo vainos acompañar, non haberá día de praia e tampouco esperamos que haxa moita chuvia”, asegura, “agardamos un 80% de ocupación e penso que podemos chegar ao 85%”. No que si coinciden ambos representantes hostaleiros e nas reservas e cancelacións de última hora, un clásico dos períodos vacacionais.
Santos tamén opina que este período vacional non é “muy significativo” na capital galega, pero a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, afirmaba esta semana que as previsións sobre o número de visitantes é boa, “seguramente algo máis baixa que o ano pasado, pero tamén inflúe que en 2023 a Semana Santa caeu en abril”, un mes no que a cidade xa recibe un maior número de visitas.
Os composteláns tamén viaxan
Máis alá das visitas que reciba a capital, a Semana Santa tamén período vacacional para moitos traballadores e traballadores. Segundo informaba este venres a xestora dos aeroportos españois, Aena, dende o 22 de marzo e ata o 1 de abril, nos aeródromos galegos operaranse 1.202 voos (1.046 nacionais e 156 con destinos internacionais), e deles o 57% operaranse dende o aeroporto Rosalía de Castro.
Segundo os datos achegados por Aena, o total de voos operados en Lavacolla será de 682, 562 nacionais e 120 internacionais. Así mesmo, os días de maior número de operacións no Rosalía de Castro serán o domingo 31, con 86 voos dos que 62 serán nacionais e 24 internacionais e o luns 1 de abril, con 74 operacións, 54 delas nacionais e 20 internacionais. A terceira data cunha maior actividade aeroportuaria é domingo mesmo, festividade de Ramos, cun total de 71 voos, 59 nacionais e 12 internacionais.
As cifras en Alvedro e Peinador
Segundo os datos de Aena para os outros dous aeródromos da comunidade, nesta Semana Santa o número de operacións en cada un deles alónxase bastante das cifras de Santiago, con 260 voos cada un.
Así, o aeroporto de Alvedro (A Coruña) rexistrará 236 viaxes nacionais e 26 internacionais.
No caso do aeródromo vigués de Peinador as 260 operacións repártense nunha decena de voos a fóra do Estado e 250 viaxes a outros puntos do territorio español.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
