A Panorama no Obradoiro: Verea pide “coherencia” ao BNG á hora de coidar o patrimonio de Compostela
“Con qué lexitimidade lle pedimos aos veciños do Casco Histórico que cumpran as normas se o primeiro en non cumprir é o goberno do BNG?”, preguntouse o líder do PP de Santiago
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediu este martes “coherencia e exemplaridade pública” ao BNG por pretender levar a cabo un evento no Obradoiro cun informe negativo de Patrimonio. Verea advertiu que o BNG ten “desorientada a toda a cidade”, xa que leva un ano destinando cartos públicos a unha campaña de publicidade coñecida como Fráxil para coidar o patrimonio e "advertirnos a todos que debemos ser moi prudentes na zona histórica e agora quere saltarse un informe de Patrimonio para facer un concerto con 20.000 persoas saltando nas mesmas pedras nas que non queremos deixar que se apoien os veciños”.
Así, “con qué lexitimidade lle pedimos aos veciños do Casco Histórico que cumpran as normas se o primeiro en non cumprir é o goberno do BNG?”, preguntouse. Por ese motivo, salientou que “as cousas hai que facelas ben, e cumprindo cos informes técnicos necesarios; o que ninguén entende nesta cidade é que pasen de prohibir á xente que se apoie nas columnas do Pazo de Raxoi a permitir que 20.000 persoas salten sobre as pedras do Obradoiro cun informe de Patrimonio en contra”.
Verea instou ao BNG a que "se poña a traballar" para que se poida levar a cabo esta actuación cumprindo as normas, sen que isto supoña ningún tipo de perxuicio para o noso patrimonio. Nese senso, engadiu, “estaría ben que o BNG deixase claro o tipo de políticas que quere para Santiago, e non un día lanzar unha campaña de defensa do patrimonio e ao día seguinte obviar os informes dos técnicos municipais para un evento en pleno Obradoiro”. “Para iso está claro que hai que traballar con rigor e seriedade, algo ao que non están acostumados os nacionalistas”, salientou.
- Tristura no mercado de abastos santiagués polo pasamento de Lolo Fernández
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Vecinos de Conxo acuden a la Fiscalía para frenar la senda entre San Caetano y Milladoiro
- Esta es la catedral más excepcional de España según National Geographic y no, no es la de Santiago
- Solo 15 edificios de más de 50 años han pasado la ‘ITV’ obligatoria en Santiago con el plazo a punto de vencer
- Asesinato en el San Serapio de Conxo: un ajuste de cuentas por la venta de droga adulterada terminó con una trágica muerte
- Trabajadores de Finsa cortan la carretera de A Coruña delante de la fábrica para exigir 'un convenio justo
- Dos nuevos cortes de tráfico en Santiago: una de las calles afectadas estará cortada hasta este viernes